leoeosseus

martes, 26 de setembro de 2006

Máis fotos antigas de Vilaguindastre



Como ves na foto, Torneiros cambiou. Medraron as árbores, multiplicáronse os coches, mudaron de farolas e hai novas construcións. Tes razón cando dis que as cousas cambian. E, falando de cambios, Leo parece que xa está colocado e a súa saída xa é cousa de pouco tempo.

Aquí abaixo deixo unha foto do centro de Vilaguindastre de hai uns corenta anos.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 26/09/06, 21:26 , Blogger moucho branco dixo...

Así que o próximo post pode darnos xa a boa nova, non é?... :)

saúde e sorte!

 
Ás 27/09/06, 00:09 , Blogger Nemeth dixo...

vilaguindastre nunca me pareceu moi bonita (dende a estrada), pero por esta foto semella outra cousa...

que vaia todo ben!!! estaremos mandando boas vibracions...

unha aperta

 
Ás 27/09/06, 00:36 , Anonymous Anónimo dixo...

Vese que o Leo xa rematou a vendimia e está "on the marks"; que vos vaia todo ben, agardamos novas cos dedos cruzados.

 
Ás 27/09/06, 01:52 , Blogger Paco Penas dixo...

A verdade é que temos ben pouco de pitonisos. O venres preguntoume minha nai, que leva un tempiño por estos lares, se xa nacera o neno da internet..jeje. E que resulta que cando estaba a facer un comentario nun dos posts anteriores estaba a contarlle o caso de Leo e foi ela quen apostou polo 22.
Veña, esperamos novas axiña.

 
Ás 27/09/06, 22:40 , Blogger Torreira dixo...

Leo colocado...escomenza moi novo cos malos habitos (asi se retrasou o langrán)...animo compañeiro que esto mais que un parto xa parece a parrilla de saida dun gran premio ateigado de público.

 
Ás 28/09/06, 08:26 , Blogger Lúa dixo...

pois si que é unha pasada coma en tan pouco tempo houbo estes cambios tan fortes....o progreso, que quixo entrar rapidiño!!!
LEO, LEO, LEO, LEO!!!!!OEOEOEOEOE

 
Ás 28/09/06, 11:50 , Blogger X dixo...

Este Leo, mira que xa nos dá que falar antes de aparecer, hoxe ao saír da casa e ver o ceo pensei, e xa andará o Leo por aquí?
Ánimo Leo que xa te agardamos!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio