leoeosseus

xoves, 7 de setembro de 2006

O verán 2006 está rematando


Hoxe na biblioteca hai pouca xente. O verán está a rematar e os estudantes están cos exames. Tamén muita xente remata as súas vacacións e as anduriñas da foto que naceron a primeiros de verán xa van camiño de África...E as uvas están maduras. Falta pouco para a vendima 2006.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 07/09/06, 13:14 , Blogger Unknown dixo...

tanto o anterior post como este traenme recordos imborrables…
Unha aperta

 
Ás 07/09/06, 19:01 , Blogger nenodanorita dixo...

boas, benvido de novo por estes territorios, que aleghría!!! Unha apreta

 
Ás 07/09/06, 21:03 , Blogger moucho branco dixo...

anduriñas, curiosas aves... anque ningúnha coma os mouchos, :)

saúdos.

 
Ás 07/09/06, 21:06 , Blogger Manuel Rivas dixo...

E cada vez queda menos pra poder cata-lo viño novo.

 
Ás 08/09/06, 01:54 , Blogger leco dixo...

It`s the final countdown, tiroriroooo...

 
Ás 08/09/06, 03:32 , Blogger Paco Penas dixo...

Nótoche un pouco amacelado ¿non?
Agora teño que recoñecer que sinto algo estraño ao pasar polo teu blog...
Súde e terra, paideleo.

 
Ás 08/09/06, 09:49 , Blogger Veloso dixo...

As andoriñas levan toda a vida aniñando na casa de Silvaoscura, a pesar da ameaza incesante dos gatos. É fermosísimo velas xuntarse para marchar. Para min, sempre serán todo un símbolo do paso do tempo, do cambio, da permanencia, da vida. Un saúdo.

 
Ás 08/09/06, 11:40 , Blogger paideleo dixo...

As anduriñas son unha imaxe representativa do verán e dos ciclos e gústanme.
Cando marchan as anduriñas remata o verán e comeza a vendima.
Graciñas polos comentarios e espero que vos fose bo este verán.

 
Ás 11/09/06, 23:43 , Blogger Nemeth dixo...

outro ano máis que non tocará ir a vendima... cambio de vida...

tampouco é me gustara moito iso de apañar cestos, pisar uvas e espantar avésporas, pero agora que non o teño sinto algo de morriña :D

unha aperta

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio