leoeosseus

xoves, 21 de setembro de 2006

Natureza na viña




No medio das viñas podemos topar prantas bravas como as das fotos que son millán, hortelán (frotándoa curamos o pruido das estrugas) e ocolitro (non confundir coa árbore).
Animaliños hai arañas, cadeladefrade, grilos, barbatesas e percevexos que son uns bechos verdes que se se esmagan feden. Non teño foto del nin o topei no google. Non me extraña que Chelín ou Nemeth lembrasen as súas vendimas polos bechos.
Outra cousa; o Leo segue sen querer sair.
Un saúdo.

Etiquetas: , ,

11 comentarios:

Ás 21/09/06, 21:36 , Blogger María M dixo...

Pois como non nazca mañá xa perdín :( E como me amola perder...

 
Ás 21/09/06, 22:55 , Blogger Veloso dixo...

Eu xa perdín a aposta hai días. Agora ben, como a Leo lle dea por agardar ata o martes imos estar de cumpreanos o mesmo día. Un saúdo.

 
Ás 21/09/06, 23:15 , Blogger moucho branco dixo...

non te apures, tardará algo, ao mellor, pero ahí non ha quedar, :)

saúdos.

 
Ás 22/09/06, 01:05 , Blogger Nemeth dixo...

eu das vendimas o que máis lembro, maiormente, son os cestos/sacos (depende de pra quen fora) e os paredós. Pola Ribeira Sacra-Valdeorras as ladeiras dos montes están domesticados con sulcados ou paredós e hai que subir ou baixar a uva en cestos ao camiño que máis preto estea. Dos bechos, as avésporas daban algún desgusto :)
E este ano que non teño vendimas tamen me picaron! até chegar a urxencias...

O Leo deixará pasar o furacán pra sair, non che é parvo o rapás :D

unha aperta e que veña todo ben!

 
Ás 22/09/06, 01:47 , Anonymous Anónimo dixo...

E curioso que, con apenas uns kilómetros de distancia, os nomes mudan a mentrasto (hortelán) e zapateiro (que supoño que será o que lle chamas perfede).
Polo demáis, deixade ó rapas que disfrute mentres poida, que menos traballos dos que pasa agora non os vai pasar nunca na vida. Iso sí e de todo corazón, cando saia, que saia todo ben.
Un saúdo.

 
Ás 22/09/06, 02:28 , Blogger torredebabel dixo...

home, normal! se falas de arañas tampouco eu quero sair :-(

 
Ás 22/09/06, 05:55 , Blogger Lúa dixo...

comprendeo e que din(eu non me lembro.jiji) que alo adentro estase moi agustiño,jeje
Que maravillosos regalos danos á natureza, o que describiches mais o leo,jeje

 
Ás 22/09/06, 14:58 , Anonymous Anónimo dixo...

Pero bueno, mira que sodes impacientes, el está disfrutando dunha estancia ben cálida, cando a climatoloxía sexa máis apacible xa ven...
Claro que o que espera desespera, pero xa falta moi pouco.

Unha aperta para ti e para Ana.
:)

 
Ás 23/09/06, 02:15 , Blogger besbe dixo...

Vai nacer o domingo, coma meu irmán...segurísimo eh? Un bicazo!!!

 
Ás 23/09/06, 02:18 , Blogger besbe dixo...

Domingo 24 de setembro, anque sexa lúa nova (creo) anque din que coa chea hai máis posibilidades...Outro bico (a ver se con tantos cariños saca a cabeciña)

 
Ás 23/09/06, 14:17 , Blogger Torreira dixo...

Colectivo literario Torreira S.A berra LEOOOOOOO,PASA PA CASAAA!!! e deixate de hostias que isto parece xa a eleicion dun novo papa.

Pd:ademais,fixechesme perder a aposta

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio