O val de Arbo
Unha vista do val onde están a maioría das viñas. Logo están as casas e máis arriba o monte (queimadiño de todo).
De esquerda a dereita e por aí mesturadas, están as fincas Correlos, Soutelo, Suborribas, As Carmelas, Chan do Eira, Tumbalobos, A Dónigha, Louriña e O Reghengo. Fóra da foto están A Ghranxe, O Couto e San Benito.
Para un ollo alleo isto non ten nome pero se un coñece non só ten nome senón que semella ter alma.
Ata a próxima e eu vou apostar tamén na data do nacemento do Leo. Eu digo o día 21, pero tranquilos todos que nunca acerto.
14 comentarios:
que fermoso, unha pena o monte quemado.....bonita paisaxe; asi que leo vai ser tauro?????fantástico!!
Onde vai! Esperar tanto! Nada, nada, que veña o 18 que así gaño eu :)
ai que faio, tauro nom VIRGO un lapsus,ejem!
Ti mirácheslle á lúa??? é seguro que inflúe na data de nacemento :)
bonito sitio, e fermoso post. Será por iso que queremos tanto á terra, porque a coñecemos ben, cada recuncho ten un nome. E alguén dixo que o que ten nome ten alma, non si?
Que veña san, forte e que che dea tanto traballo que non teñas tempo de nada! :D Compensaras tempo coa ledicia de telo no colo
este ano tampouco me toca apañar cestos, na miña casa toca o 23...
unha aperta
Brindo por Leo o 17 cunha cunca de licor da terra da chispa
hai que ver todo o que cabe núnha foto!, hehehe
eu non me atrevo coas datas, pero é certo que inflúen as lúas.
saúdos.
din que a lúa influe. Entón, será cousa de ter un calendario preto da man... Fermosa foto, fermosa historia, conta mais!
Vamos ter que celebrar algo o mércores 20 seguro!!
Que digo o 20, vai ser o venres 22!! E de aquí non me move ninguén!!
David xa dixera o 20, non quero repetir, porque para repetir diría o 23 que é o meu día pero xa está collido por nemeth. ;)
O 22!! He dicho!
Eu sigo apostando polo 20! ;)
Mariquinha, por min podes dicir o 20 ;). Non me importaría compartir o premio, hehehe.
Saúdos!!
Pois eu digo que nace o 25 :)
O día 22 hai lúa nova, bueno non é lúa chea pero...eu apostaría polo 22, aí polas nove da mañanciña ou algo así.
Esperaremos acontecementos e con elo as primeiras fotiños
Saúde e terra.
Pois todos os meus poderes ultrasensoriais están postos en que nazan hoxe, veña Leo, anímate e non me deixes quedar mal :D
Graciñas polos eloxios para a foto e o post e tamén polas vosas apostas. X e Torreira xa quedaron descalificados pero gañaron o meu cariño que non é pouco.
Un saúdo.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio