leoeosseus

martes, 12 de setembro de 2006

Empeza a vendima 2006

Xa empezou a vendima en Arbo e co ela a volta ás palabras típicas (monicos, ghapio, outonos, híbados, espalleres,etc); a volver diferenzar as castes de uvas e a non perderse entre as diferentes viñas. Xa vendimamos tintas no Couto, no San Benito, Reghengo, Correlos, Tumbalobos, Louriña e nas Carmelas. As tintas poden ser Caíño (na foto), Mencía, Collón de Ghalo, Barancello, etc. das castes galegas ou Xaque, Gharnacha das foráneas. Hoxe fomos vendimar branco Albariño en Suborribas para a adega. A adega só admite uva branca Albariña e Treixadura (a vindeira semana). Mañá seguiremos coa vendima pero xa non sei en que finca.
Ata outra.

Etiquetas: ,

11 comentarios:

Ás 12/09/06, 22:35 , Blogger Veloso dixo...

É un traballón o da vendima, pero tamén é un deses labores que deixan no corpo unha estraña sensación de felicidade.
Aí vai unha aposta: Leo vai nacer o 15.

 
Ás 13/09/06, 00:29 , Blogger X dixo...

Cantas palabras fermosas e descoñecidas, sinto algo de saudade léndoas mais tamén sinto a alegría da vendima.
Pois eu aposto pola chegada de Leo o 18.

 
Ás 13/09/06, 01:12 , Blogger Torreira dixo...

Menudo manual condensado de uva,viño e terra...asi da gusto aprender

 
Ás 13/09/06, 03:36 , Blogger *Sara dixo...

Iso é dominio da vendima, si señor!! Biquiños :)

 
Ás 13/09/06, 07:48 , Blogger Lúa dixo...

E que ricas están todas!!!! e que dicer do viño...onde vivo agora cren que o único viño bo é o seu.....o que se perden....jeje

 
Ás 13/09/06, 13:58 , Blogger torredebabel dixo...

conta mais acedre!!! eu nunca estiven nunha vendimia e ti es un cronista marabilloso. Conta mais!

 
Ás 13/09/06, 18:51 , Blogger David dixo...

Que a vendima sexa boa! :)
Eu creo que o Leo chegará o 20, hehe.

 
Ás 13/09/06, 21:24 , Blogger moucho branco dixo...

a ver se sáe boa!!

un saúdo.

 
Ás 13/09/06, 22:09 , Blogger Madeleine dixo...

creo que o meu pai acaba de botar a perder o viño! mmm seguiremos informando, pero acá no hío estamos en crise. Un ienxperto no medio de dúas lagharetas non debe ser bo asunto!

 
Ás 17/09/06, 10:35 , Blogger Unknown dixo...

Todo un curso de enología na parte que atinxe á uva, só feito en falta o rendemento por quilo.

Gardarei o post :)

huuuum o meu reino por un caiño

Que tal leo e os pais de leo.

Unha forte aperta

 
Ás 01/11/09, 00:18 , Blogger Paz Zeltia dixo...

diossss
fíxoseme a boca auga!
non sabes "cantísimo" me gusta comer a uva esa de facer viño
todassss, todassss
(unhas mais ca outras é verdade) pero gústanme desde as acedas as dulciñas...
(mais case nunca teño oportunidade)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio