Agradecemento
Ana e máis eu quedamos abrumados pola cantidade de mensaxes de felicitacións e polas palabras garimosas. Como non podo agradecer un por un a súa felicitación deixo como agradecemento este debuxo de Tim White dun mundo fantástico. Tamén quero incluir no agradecemento a todo o persoal do Xeral que se portou profesionalmente e cun cariño enternecedor, dende a rapaza da limpeza ata a doutora Sampayo e a comadrona Carla Cid que asistiron no parto; incluindo celadores e pediatras que nos axudaron nas dúbidas duns pais primeirizos coma nós con paciencia, cariño e saber estar. E non podo deixar atrás a familiares e amigos que coas súas visitas ou chamadas danlle calor ás nosas relacións.
E a vida continúa. O Leo dorme case todo o día e desperta cando é para mamar. De cando en vez chora e fai xestos raros dos que imos aprendendo o seu significado e, por exemplo, cando ri é que bota un peido. Ana máis eu tratamos de collerlle o ritmo vital e adaptar os nosos horarios ás súas necesidades. Eu ando dun lado a outro enchendo formularios e demáis material burocrático para pór a andar neste mundo a Leo. En canto ó Colín dicir que o leva con calma estoica e non acaba de entender que fai un embrullo churumiqueiro no cuarto. Hai que darlle tempo.
E como estou enamorado do meu fillo vou pór outra foto del. Espero saibas perdoar este ataque de amor paterno. Ata outra e graciñas outra volta.
Etiquetas: leo
23 comentarios:
Desfrutade, que é moi riquiño.
que riquiño!
que non vos sexa moi duro este primeiro andar d'O Leo por este mundo, o coitadiño precisa de todos os coidados do mundo.
unha aperta
a miña avoa tamén ría cando botaba peidos :D
Ai... que bonitiño!
Ánimo e aproveitádeo ao máximo, que din os pais das/dos que xa medramos que esa época é a mellor...
O Leo éche ben guapo. E ten pinta de seres tranquiliño. Se podedes disfrutade moito del.
É ben bonito, hehe. Moita sorte!!
Os ataques de amor paterno son boa mostra de que levamos moito dentro de nós. Disfruta de cada segundo de vida do teu neno.
Ai Acedre! Ponnos moitas fotiños de Leo que menuda cousiña máis linda!! Que sorte tedes polo momento que estades a vivir, gozade ao máximo!! É o máis bonito do mundo!!
P.D. A miña felicitación foi das primeiriñas e non quedou rexistrada, non sei que pasou :( Así que repito: ¡¡¡¡PARABÉNS!!!! e ¡¡¡¡Benvido Leo ghuapiño!!!!
Non quería ficar sen darvos os PARABÉNS! Saúde a todos.
¡¡¡Noraboísima!!!
Entrei no blog buscando novas de Leo e atopeinas, vaia se atopei...
Noraboa e que todo sexa luz e amor no camiño.
Bicos e apertas aos tres.
a verdade é que saíu ben guapiño!,
unha aperta, e noraboa de novo.
E logo como non has poñer fotos de Leo, co bonito que saiu? se dá ganas de morder a pantalla, co riquiño que está... como ben dixo pintega, aproveitarse, que medran nun momento.
O Leo é un neno precioso, no me extraña que esteades namorados del, ten que ser unha bendición ser pai e nai.
Agora non estaría nada mal que colgaras fotos do pai e da nai de Leo para vervos a cariña de felicidade que tendes.
Unha aperta grande para os tres.
:)
Parabens ¡Machote! (que deciria Xanciño Carliños). Hai que ver, co ghuapo que é o neno e o feo que es ti je je( e coña), pero como nadie cho decía.... Vaille enseñando a manexar o taran este que xa logho se pon a escarabellar. Ah! pra os pape-leos, preghuntalle a Pereiro Sihomesi, que che leva uns dias de ventaxa. Bicazos pros tres, ( pro can un chouriciño)
Co guapiño que é aproveita e pon máis fotos de Leo. É para sentirse orgulloso.
jajajajaj recordo cando naceu o meu afillado, que andaba toda chea porque faciame sorrisos:
mira, mira estáse a reír, góstolle, ou...só rise comigo....,ou ...quitadeahi que só me sorrí a min......até que enterei de que sorrín cando botan un peido....
en fin.....
A disfrutar!!!!!!!!!!!!!
Tanto Leo,tanto Leo, pero QUE PASA CO COLÍN, EH?
Pobriño, todo traumado... e que ninguén pensa no pobre Colín!?!?!
O Colín lévao ben (vese que é un can de mundo). O Leo tamén vai progresando e gústanlle os paseos fóra da casa anque co este tempo pouco pode saír.
Nada, graciñas polos piropos e alédome de que vos guste o necoriño.
Que dicir? Sobran as palabras, eu penso que unha das caras máis doces da felicidade, se é que existe, é ver a un bebecho durmindo, quentiño, e ben mantido!
Unha apreta moi forte para os tres!
é moi guapo, certamente. Fas moi ben en estar enamorado del.
Teño a costume de gardar todalas fotos dos fillos de amigos do blogomillo, así que tú sigue poñendo que Leo xa ten a sua carpetiña...
Ë precioso, sin paxon de pai...
Bicos
hostiá, era un bebé ghuapísimo, o Leo!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio