leoeosseus

luns, 30 de outubro de 2006

Secuestro

Esta fin de semana pasada por fin saiu o sol cun algo de forza e ledicia. Puidemos desfrutar de paseos e imaxes preciosas de outono coma a flor tollemerendas, pequena e tóxica; xurdindo entre os fentos e follas caídas. Ou unha bolboreta libre ( Vanessa Atalanta ) e disposta para voar na súa liberdade. Tamén puidemos desfrutar dos primeiros sorrisos vontarios de Leo e tempos cada vez máis prolongados sen choros e espreitando o seu mundo ó redor.
Todo ía ben ata hoxe no momento en que a vida reafirma que pode ser caprichosa e cruel. Nas novas da televisión falaron do secuestro dun familiar meu e quedei arrepiado, afundido e impotente ante semellante infortunio. Por iso hoxe quero adicar estas fotos ó meu curmán esperando que esta situación angustiosa que está a vivir remate con ben e que os días sen liberdade sexan poucos. O primeiro sorriso que me fixo o Leo quero adicarllo tamén para Roberto agardando que sexan poucos os días que faltan para que se coñezan.
E creo que hoxe non podo escribir máis.

Etiquetas: ,

16 comentarios:

Ás 30/10/06, 18:54 , Anonymous Anónimo dixo...

Ánimo. Oxalá todo saia ben.

 
Ás 30/10/06, 18:56 , Blogger X dixo...

Moitos ánimos da miña parte tamén e un saúdo para todos os seus.

 
Ás 30/10/06, 20:26 , Blogger Kiko Novoa dixo...

Ola meu!!!!!!!!!!!!!!! Como verás teño o blogg algo paralizao por diversos motivos. Pero alégrome moito saber de ti e ver que todo vai ben con esa preciosidá!
Moitos bicos e quilos de saúde!!!!!

 
Ás 30/10/06, 21:32 , Blogger moucho branco dixo...

que podo dicer... agardo que todo saia ben, e aonfío en que así será...

 
Ás 31/10/06, 09:12 , Blogger Torreira dixo...

Eiiiii!,Paideleo brindemos xa por un Roberto liberado!

 
Ás 31/10/06, 10:38 , Anonymous Anónimo dixo...

O meu máis fondo pesar por este secuestro, se ningún se pode xustificar, o dun cooperante e exclusivamente por temas económicos parece dobremente aberrante.
Esperemos que a diplomacia e a sensatez conxuguen unha saída en breve.
Unha aperta

 
Ás 31/10/06, 15:09 , Anonymous Anónimo dixo...

Coido que xa oin algo acerca de que liberaran o teu parente. Oxalá sexa así, e rematedes pronto con ese mal trago.
Sorte que hai xente traballando por facer de este un mundo mellor.

 
Ás 31/10/06, 16:18 , Blogger cris dixo...

Non tiña ni idea!! Sí que estabamos ó tanto da noticia pero nontiñamos idea de que estaba ligada a vos dalgunha maneira. ESpero q todo vaia ben. Un abrazo ós tres.

 
Ás 31/10/06, 17:35 , Anonymous Anónimo dixo...

Entereime tarde da túa relación con Roberto, e por sorte só teño que te felicitar por que o ceibaran.

Unha aperta para os tres da casa.

 
Ás 31/10/06, 21:19 , Blogger besbe dixo...

É boa verdade o que din que se non hai novas, son boas novas. Alédome que todo rematase ben :)

 
Ás 01/11/06, 01:39 , Blogger torredebabel dixo...

apertas Acedre para ti e os teus. Coido que o mal momento rematou, pero as apertas siguen aí.

 
Ás 01/11/06, 11:32 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Alédome de que todo saira ben ;)

 
Ás 01/11/06, 11:56 , Blogger Veloso dixo...

Pasou o susto. Alégrome da liberación do teu curmán, dos primeiros sorrisos Leo e da beleza do outono. Apertas.

 
Ás 01/11/06, 13:47 , Blogger X dixo...

Alégrame moito que todo teña saído ben. Saúdos.

 
Ás 01/11/06, 17:51 , Blogger *Sara dixo...

Acabo de ler o último que escribiches. Só podo unirme a todos aqueles que se aledan de que todo saíra ben. Tivo que ser unha espera horrible.
Apertas!

 
Ás 03/11/09, 18:31 , Blogger Paz Zeltia dixo...

fun ó enlace que deixaches, pero non souben interpretar quen era o teu primo.
en calquera caso, supoño que ese asunto xa estará zanxado... (espero)

esa floriña que pos, andiven eu a procurar o seu nome, porque me trai recordos da miña nenez, alá na aldea, despois na coruña non nacen no asfalto.
e deben durar pouco, porque ainda que vou ó campo moitas veces por o placer de estar na naturaleza,
poucas veces me tropecei con elas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio