leoeosseus

martes, 10 de outubro de 2006

Limbo para Leo



O outro día falaron na tele de que a Igrexa Católica eliminaba o limbo, o lugar onde van parar os nenos que morren sen bautizar, porque non hai probas suficientes da súa existencia ou algo polo estilo. E dá a casualidade de que nós andamos estes días falando de que non queremos bautizar a Leo. Eu pensei que se ían opor máis pero a familia parece que o asimila bastante ben así que Leo non terá problemas de momento con limbos nin outras lideiras desas. Cando sexa maiorciño xa escollerá unha relixión se quere.

E para deixar atrás temas escabrosos vou contar o que me pasou o outro día. Pois resulta que fun a unha farmacia mercar un sacaleites e eu queríao da marca Medela que seica é boa e non había esa marca e a dependenta díxome que o que había era sacaleites de Chicco e eu pensei un momento nun sacaleite de CHICO e quedei apampado uns segundos. En fin...cousas que pasan.

Polo resto todo vai ben.

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 10/10/06, 18:35 , Anonymous Anónimo dixo...

O meu leva oito anos sen bautizar e non o bota de menos. A parte católica prácticante da familia calou a boca, o mesmo que os demáis.

 
Ás 10/10/06, 22:39 , Blogger moucho branco dixo...

eu como son anticlerical radical e confeso conténtanse con que non lle aprenda á miña filla a queimar igrexas ao "spirit of 34´" :D.... en serio, paréceme cruel impoñerlle aos nenos a pertenza a unha institución coma esa, sobre todo co dificil que é apostatar...

un saúdo.

 
Ás 11/10/06, 02:28 , Blogger torredebabel dixo...

Tampouco nos bautizamos a Santiago. Pensamos que sería coma facelo socio dun club ao que non vas nunca e que tanto che ten que gane ou perda. Coma dis, xa terá tempo de facerse socio do que el queira. E sobre os sacaleites: Avent é o mellor de todos.

 
Ás 11/10/06, 10:37 , Blogger máis alá dixo...

Pois meus fillos si que estan bautizados, e eu casado pola igrexa; cousas da vida, porque de católicos temos pouco. O de sacaleites de CHICO é boisimo, só imaxinar a tua cara, dame a risa.

 
Ás 11/10/06, 21:13 , Anonymous Anónimo dixo...

Ay Pedriño, Pedriño, ti sempre cos teus pensamentos, g, g, g...a min tamen me gustaria poder ver a tua cara nese momento inda q poda imaxinala.

Co q se refire a do bautizo penso igual ca vos e se polo menos tivera q facerse algo q fose moi intimo e non tipo boda coma fan alguns.

Eu teño unha veciña q cando foi o bautizo da filla invitou unha comida penso q case a toda xente q foi a sua boda, eu flipei cando me viñeran a dicir a casa q staba invitada, por suposto q non fun nin meus pais tampouco, se canta menos xente mellor se pasa...

Bqñs.

 
Ás 12/10/06, 03:47 , Blogger Paco Penas dixo...

Alguén, nun momento dado, preguntoume se casara pola igrexa i eu, ido, pensando noutra cousa, como ti na farmacia, contesteille "ai non, eu casei polo neno" :-)

 
Ás 12/10/06, 08:40 , Anonymous Anónimo dixo...

Pareceme ben o que decidisteis e naide ten nada que decir, pois é unha decision vosa.
Xa te imaxino a ti sacándote o leite...jejeje.
Bicos.

 
Ás 12/10/06, 18:28 , Blogger Asimè Triko dixo...

Moi bo o do sacaleite. É coma o dos que están na pulpería e lle berran á camareira: ¡Échale sal! ¡Gorda!

E felicidades pola chegada do novo membro da familia.

 
Ás 13/10/06, 21:27 , Blogger leco dixo...

Hahahahaha! Boísimo!!!! Que coña!!!!!

 
Ás 14/10/06, 09:00 , Blogger Torreira dixo...

Que faráLeo sin limbo para resguardarse da tormenta

 
Ás 15/10/06, 21:28 , Blogger TXARI dixo...

é bo saber de novo que a lediçia visita-te cuma nova vida!! o bautiço debería ser cando um é maior e pode decidir a quem ressar!...de todos os jeitos nora boa...

 
Ás 16/10/06, 20:14 , Blogger paideleo dixo...

¡Pois si que hai herexes polo mundo!. Asi o Leo non se vai sentir sosiño.
Alédome de que vos gustase o do sacaleites pero é que me pillou de improviso.
O do pulpo con sal...gorda tamén é bo.

 
Ás 27/10/06, 23:09 , Blogger Basho dixo...

Pois nós (a minha parelha e mais eu) estamos a falar de ter um neno (eu quero nena, mas bom, um não pode andar com exigências nestes casos, pois não?) e nem estamos casados, nem pensamos baptizar ao que venha.

Reconforta saber que há muita mais gente pelo mundo adiante que comparte estas decissões.

O que gostava eu de saber a respeito do conto do tira-leite para rapaz é por quê é que achaste que o tema era "menos escabroso"... se é porno do duro!! ;)

 
Ás 03/11/09, 18:24 , Blogger Paz Zeltia dixo...

fixéchesme rir, ho!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio