Tuesday, November 14, 2006

Empezo o traballo



En inglés existe o termo ¨quality time¨que vén a ser o tempo que adica unha persoa a estar coa familia. A partir de mañá redúcese o meu ¨quality time¨e paso de ser emigrante retornado a ser asalariado por conta allea así que a miña comunicación por este medio vaise reducir aínda máis para o meu pesar.

E aquí deixo unha foto tirada en Marín nesta fin de semana pasada cando aínda facía bo tempo e ían as ruibéns pró mar.

Ata outra.

23 comentarios:

Mrs.Doyle said...

Ánimo que o traballo é saúde!
Bonita foto.

Dorvisou said...

Home, non vou traballar eu só...pero sempre terás un tempo para contarnos algo de Leo, de colin...non si?
Unha aperta.

Suso Lista said...

Hai que levantar Ghalicia! Sería peor se tuveras que marchar pro Gran Sol, ahí si que o quality time brilla po-la sua ausencia. Gracias po-la felicitación, a ver se aguanto outro ano escribindo.

Mariquiña said...

Sodes a imaxe da felicidade, :P E ese ceo... buff! Cores aínda non inventadas. Ao 'quality time' non, pero aos outros times sácalle time de onde poidas que isto non é o mesmo sen ti. Bicos!!

Manuel Rivas said...

Que teñas sorte no teu novo traballo e que aproveites moito o teu "quality time".

Torreira said...

As institucións deberian finaciar o teu quality time paideleo (que de verte e lerte estou desenrolando un instinto paterno que...)

*Sara said...

Que bonita foto!!! Agardo que teñas tempo para todo. Se escribes menos, tamén será ao noso pesar.
Saúdos e moita sorte

Marinha de Allegue said...

Pois é unha boa nova, traballar dignifica disque...
Ainda que o tempo merme a calidade de seguro que non.
Estades os tres de foto, da gloria vervos.

Unha triaperta.
:)

F. Miguez said...

Pois ánimo co novo traballo, Acedre, pero non te esquezas de nos :)

jan said...

Pois que teñas moitísima sorte no teu novo traballo, aínda que teñas menos tempo para estar co necoriño...pero o importante é a calidade...

Apretas para os tres; por certo a foto é preciosa e o fondo impresionante

Veloso said...

Alégrome moito da túa nova condición de asalariado. Xa nos contarás do teu novo traballo. Preciosa foto, por certo. Saúdos.

máis alá said...

Boa sorte e a traballar duro que agora hai unha boca máis que mantér.

Larvós said...

Saúdos Leo, hai tempo que non che deixaba un comunidado. Encantado de ver o ben que vai Acedriño.

torredebabel said...
This comment has been removed by a blog administrator.
torredebabel said...

se me alegro de que teñas traballo é só porque estou segura de que terás un sinfín de historias para contar!!! saiuvos fermoso Leo, si señor!

David said...

Moi fermosa a foto, hehehe. Desfruta moito do Leo!

Parzival said...

Ou seja, que é posível achar trabalho na Galiza? :O Isso dá azos, sem dúvida. Eu também quero ser emigrante retornado (já o fui há sete anos), mas penso que o tenho muito complicado.

Boa sorte!

moucho_branco said...

desfruta ao máximo do "quality time" e cando teñas un anaco acordate deste unirso virtual, ;D

un saúdo.

besbellinha said...

Sempre está ben ter traballo home, anque quite moito tempo, así disfrutamos máis o que nos queda libre. Agarimos para os tres que estades a mar de guapos!

TXARI said...

pois agardo que ainda que menos, as entradas sejan concentradas, e igual de interesantes que até o de ajora...

Nemeth said...

boa sorte co traballo. Agardo non botes de menos aos USA neste aspecto. O peor que aínda te imos ver menos!

unha aperta

Colazo said...

O traballo purifica, xa o din os curas, de aí que sexan os 1ºs en dar exemplo ;-)

Sorte co traballo

Por certo flipei co dos trompos, creo que me sacas algún aniño e lembráchesme as mesmas regras coas que eu xogaba, eses xogos hai que recuperalos xa!!

1 saúdo!!

pepe penas said...

Xa foi moito tempo que non pasaba pola tua casa; de seguro que o rapaz xa medrou un chisco. hai quen di que o traballo e saude, e que non falte; pero teño oubido dun que era moi nogallan e dicia: Mira se será malo o traballo que ata pagan por facelo.
Espero que todo che vaia ben.
Unha aperta e deica logo