O conto de Sor Águeda Seisdedos
Esta casa perto de Pombistán ten a súa historia. A mediados do século XIX había no lugar unha rapaza mui boa que quería ir ás misións. Fíxose misioneira e estivo pola África negra uns aniños e logo pasou a sudamérica. Co tempo chegou á desembocadura do Amazonas. Sor Águeda, da familia dos Seisdedos, pasou unha tempada na misión ata que se fartou do trato que recibían os indios e os negros da zona. Un día non puido máis, arrincou o hábito e vestiu unha pel de xaguar e abandoou a misión cun grupo de indios e negros. Subiron polo río ata onde nunca chegaran os homes brancos e formou un quilombo. Os integrantes do quilombo decidiron facela raíña polo seu bo facer. Como había muitas iguanas na zona decidiron facela o seu animal totémico e a súa vida xiraba en torno a elas. O que non podía imaxinar Águeda é que as enfermidades ían matando un a un ós integrantes do reino dos proscritos. Cando só quedaba ela con vida baixou o río e volveu á súa terra para pasar os últimos anos. Cando chegou á aldea mandou esculpir unha iguana a un canteiro e quedou como símbolo da familia Seisdedos. Os últimos tempos botábaos Águeda a admirar a iguana dende unha fiestra. Por outra banda, os veciños din que Águeda non só trouxo unha enfermidade e muitos contos senón que tiña un tesouro agochado na casa. Pero iso nunca se soubo.
E esta é outra historia inventada e non o xantar da empresa.
Etiquetas: contos, personaxes
6 comentarios:
Ti si que vales pra contista :D
Outra grande historia dese lugar chamado Pombistán...
Este paideleo ten moito conto...para contarlle a Leo
Graciñas polo que me toca. Terei que millorar un pouco a arte de contacontos que desta volta non saiu mui alá o conto.
Un saúdo.
Pois eu também gostei muito da história..
Eu gostei menos que da outra, nesta todo ía ben pero o final, non sei, merecía máis outro final, non cre?
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio