Xantar de empresa

Pois si. Onte foi o xantar da empresa e foi estilo voda. Houbo marisco: langostinos e centolos ( agora sei como se chaman en español: cien locos ). Logo houbo cigalas á prancha e lagosta á prancha. Para rematar os mariscos puxeron percebes a fartar. Todos mui bos. Logo tocoulle á carne e a sobremesa. Para beber había viño do Rosal Terras Gauda que baixaba que daba gusto.
Tamén houbo música a cargo do dúo Marema e a actuación do mestre da queimada Mariano que contou chistes variados mentres queimaba a augardente como ben se mira na foto. E non faltaron os discursos do patrón e dun empregado seu fiel coma un can.
En fin; que estivo ben.
Etiquetas: traballo
6 comentarios:
O que un Terras Gauda é do mellorciño que pode dar a nosa terra.
Sorte tes! Na voda do outro dia en Madrid non nod deron nin unha gamba.
Iste non será un conto como o do outro día?
Non me das envexa polo marisco, que non me gusta, pero o Terras Gauda...
coincido en que é do mellor do país, no que viños se refire.
Por que sempre hà um empregado que faz de cão?
non sabía eu que o teu blog era tan entretido, agora non te cortes, eu son unha tumba, e da familia, (estoume iniciando nesto dos blogs, cando teña algo maís do meu, mando invitación...)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio