
Preguntei por aí e xa sei por que hai tantos pombais en Pombistán. Resulta que hai máis de cen anos apareceu un circo por Pombistán e nel actuaba un acróbata portugués mui bo que tiña unhas dedas coas que se enganchaban en calquera sitio que quixese. Bueno, o tal acróbata tamén sabía facerlle as beiras ás mozas e encaprichouse coa mestra de Pombistán. Ela non puido evitar namorarse del e tras uns meses casaron na parroquia. Co tempo naceu un fillo que herdou as cualidades acróbatas do pai e a intelixencia e bondade da nai. O neno foi bautizado como Benigno Dos Anjos. Pasou o tempo e o neno agabeaba e rubía a todo o que lle puxeran por diante: maceiras, carballos, piñeiros e ata eucaliptos. Un día, sendo xa un mozote, quixo escalar o campanario e o cura enfadouse. Díxolle que se lle gustaba agabear que se enrolase como mariñeiro para subir polos mastros dos veleiros. A Benigno chistoulle a idea e alá embarcou en Vigo nun veleiro. Pasaron uns poucos anos e percorreu mares distintos en barcos diferentes e de cada vez co mastro máis alto. Nunha viaxe pasou perto da illa escocesa de Santa Kilda e tivo ocasión de ver os illáns escalando cos pés descalzos os cons case imposibles da illa para recoller ovos dos paxaros que aniñaban entre as rochas. O Benigno decatouse de que a súa pelegrinaxe tiña remate por fin e quedou na illa onde chegou a ser dos millores escaladores. Pasou o tempo e a nobreza inglesa deixou de mercar eses ovos que apañaban con tanto risco e xa non había razón para subir a recolectalos. O Benigno matinou un pouco que facer co seu futuro e decidiu volver á súa parroquia que os fríos escoceses acababan co el. Chegou por fin e estableceuse para sempre. Como tiña saudades daquelas agabeadas na busca de ovos empezou a montar caixóns nos altos da súa propiedade: no tellado da casa, no alto do canastro, no curuto da meda, no pinche do alpendre e así practicaba e era feliz. Os veciños copiaron a súa idea e así hoxe case todos teñen pombais nas partes máis insólitas das súas propiedades.
Ben, todo isto é mentira pero ben podería ser verdade. Tiña esta foto de recolectores de St. Kilda que me gustaba e quixen poñela e facer un exercicio literario coa foto e de paso inventar un conto para Leo. E aquí está.
Etiquetas: contos, personaxes
17 comentarios:
Se non dixeras que non é verdade... estaríamos ante o nacimento dunha lenda.
Cando eras pequeno, os teus pais yas metias ben, non?
G,g,g...
E bo iso d ir practicando para contarlle os contiños.
Ter internet na casa outra vez parece que inspira... Boísimo, so que deberas non contalo ata o seguinte post.
Acedre, meu, es un grande.
Boa historia, eu vou facer como que é verdade.
É magoa que non sexa.
Moi interesante historia do Pombistán.
Pombistan...ou a mutación dos homes-paxaro (boa historia leo father´s)
Pois a min, pensando que era unha lenda verdadeira, xa me gustaba a maneira como a contabas. Se a inventaches ti, so podo dicir: IMPRESIONANTE.
Leo, cando estabas nos EEUU xa recibías anzos para escribir un libro. Por que non te pos??
Leo ten moita sorte. Oxalá herde a túa imaxinación! :)
quero máis historias destas... se non é pedir muito.
Graciñas a todos polas vosas palabras que inspiran e estimulan.
A foto "roubeina" dun libro porque me gustou e esa xente era de St. Kilda en Escocia e adic´´abase a coller ovos das aves que aniñaban na costa. Iso é real...ou foi, millor dito. O resto inventeino eu menos o apelido Dos Anjos que é dun antigo compañeiro de traballo.
Repito. Alédame que vos gustase e se se me ocorre outra xa vola direi.
Un saúdo.
Todas as historias realmente belas son verdadeiras, di a Tradición. Esa para min é a perspectiva principal da literatura.
bonita historia, e moi ben contada...
unha ledicia terte outra vez!
apertas
Outra, outra!!!!!
preciosa historia :)))
Verdade non será, pero merecer merecía selo.
Eu coma Leco e os demais, outra, outra, outra!!!
Simplemente impresionante! PARABÉNS!!! :D
Preciosa! Umha jóia. Mas eu já escrevi onte um comentário e hoje não vejo.
Nunca entenderei por completo as cousas da aranheira...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio