O conto dos bosques camaleón invisibles
Pois si. Ultimamente aparéceme o coche raiado ou marcado e bótolle a culpa a outros coches. Pero resulta que estou errado. Hai unha explicación científica. Cada vez que se constrúe unha estrada, unha rúa, un aparcamento, etc; a vexetación que había no lugar non desaparece así como así senón que se transforma nun bosque camaleón invisible que queda no sitio. Este bosque é como a alma do bosque anterior. E por que camaleón ?. Porque é da cor que quere e así hai piñeiros vermellos, silvas rosas ou carballos totalmente azuis. Por qué invisible ?. Porque anque teña cor non se pode ver. Iso si, esta vexetación odia os vehículos así que aproveitan que pasan pola súa beira ou aparcan perto para garduñalos ou golpealos e deixarlles esas marcas que logo aparecen no teu coche e non sabes de onde raio veñen e quen chas fixo. Xa está aclarado ese misterio. Agora non llo digas ó seguro que se bota atrás.
A imaxe está tirada do blogo de Nemeth que non podo comentarlle e felicitarlle este ano e aproveito a ocasión para felicitalo.
5 comentarios:
Xa sabía eu que algo así tiña que ser. O outro día rachei as medias cando ía camiñando pola beirarrúa coas bolsas do supermercado. Sería unha silveira mutante desas...
feliz ano novo pra ti tamén!
Pois agra que o dis,entendo muitas cousas... São os bosques astrais...
Moitas grazas, agora xa coñezo a explicación de moitos fenómenos que me teñen sucedido...
Senón pensei que estaba perdido pola costa dos arrieiros...:-)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio