leoeosseus

Wednesday, January 10, 2007

O conto do rapaz que quería voar


Un dos temas que me gusta é a toponimia e a orixe dos nomes de lugar. Na foto está parte de Barcela que ven a dicir val pequena e nótase, non ?. E daquí é un home do que non lembro o nome e do que o meu sogro me contou unha historia divertida e verídica. Resulta que o tal individuo cando era pequeno sempre miraba con envexa para o ceo cando pasaba un avión. E chegou unha época na que o rapaz acabou por se pechar no cuberto tódolos seráns. A lideira durou varios días e ó fin un día chamou o irmán e pediulle axuda para subir ó alto do canastro un avión que fixo de madeira; ben feituquiño pero de madeira. No morro do avión atou unha corda e el montouse no avión. Cando estaba alí no alto dixolle ó irmán que estaba abaixo: - Tira forte da corda e dille a mamá que vou pro Brasil.
Está claro que ese día non saiu de Barcela pero hoxe anda pola internet adiante.

Labels: , ,

9 Comments:

At 1/10/2007 11:49 PM, Anonymous rifenha dixo...

Fermosa imagem do val outoniço, com as árvores ondulando polo meio da erva e a humidade da tarde começando a se pousar .
Também fermoso relato de raparigos engenhossos por falta de tantas cousas que agora temos..
O meninho queria revivir o mito de Ícaro, mas indo ao Brasil, mais acaido e mais mágico que o sol.
Onde vai parar...
Cada tarde visito estas casas virtuais esperando encontrar algo de mágia.
E nunca me defraudão: um luxo e umha sorte.

 
At 1/11/2007 2:52 AM, Blogger Mario dixo...

Si que é ben graciosa a historia do cativo, menos mal que non lle deu por tirarse do tellado nen nada polo estilo.

 
At 1/11/2007 12:57 PM, Blogger moucho branco dixo...

que maravillosa a inxenuidade da infancia... mira que pensar que o combustible lle chegaría até o Brasil...

 
At 1/11/2007 11:23 PM, Blogger paideleo dixo...

Graciñas polos vosos comentarios.
A verdade é que cando oín a historia encantoume. Estabamos na sobremesa e fóra facía frío. A cociña de ferro acariñaba con calor os nosos corpos e a tele estaba muda. Xuntáronse estas condicións e saiu unha conversa leda con historias e cousas pasadas.

 
At 1/12/2007 3:47 AM, Blogger TXARI dixo...

cando se é neno...a imaginaçom dominache e é onde um reconheçe a inocecia que aínda nos persegue...moi graciosa história

 
At 1/12/2007 1:43 PM, Blogger oko dixo...

pois logo, cos anos chegou ainda mais lonxe que o Brasil, non? ,P

 
At 1/13/2007 1:05 PM, Blogger Torreira dixo...

E que mais se pode pedir compañeiro? (que alguen tire da corda e fuxir lonxe é unha boa petición imaxinativa que non entende de Iberia)

 
At 1/13/2007 10:57 PM, Anonymous Anonymous dixo...

Si, mais non creo que lle dése tempo de chegar ao Brasil co hostiazo de debeu mangar. Neste caso gaña Sancho, non Quixote.
A máis favorecida, como sempre, a web pecadora.
Mo *
Moi bo post, paideleo, un pracer ler un blog tan coñero.
Linda foto.

 
At 1/14/2007 12:04 AM, Blogger David dixo...

que curiosa a historia do rapaz... :D fermosa foto, hehehe...
saúdos!

 

Post a Comment

<< Home