leoeosseus

Sunday, February 11, 2007

Fin de semana chuviñenta e caseira



Esta fin de semana foi mui caseira debido á chuvia. Así que aproveitei para dar unha volta pola interrede adiante e descubrín novos blogos. Liguei algúns deles e outros que me quedaran atrás noutras ocasións. Dáme mágoa non poder comentar en algún ou ter unha conexión tan lenta que non podo ver vídeos interesantes sobre o entroido en terras de Oza ou o falar dos canteiros.

E agora vou durmir que se non me esperta o espertador a pilas espértame o espertador a leite materno.

Labels: ,

10 Comments:

At 2/12/2007 2:11 AM, Blogger TXARI dixo...

a rede muda ao segundo, todo varia en cuestióm de nada, coma os bebés que nono son por muito tempo, aproveita ese "espertador" que será a milhor lembraça dum sacrificio belíssimo...

 
At 2/12/2007 4:15 PM, Anonymous moucho_branco dixo...

de cando en cando hai que facer unha expedición polo blogomillo descoñecido para atopar grandes novos lugares, :)

 
At 2/13/2007 10:32 AM, Blogger Peke dixo...

Bonita foto; aquí o domingo tamén foi gris. Bico a Leo.

 
At 2/13/2007 7:56 PM, Blogger Brais dixo...

O viaxar pola interede eche un viaxe cheo de mundos por descubrir.
Unha aperta

 
At 2/14/2007 1:05 AM, Blogger besbellinha dixo...

Eu tamén estou descubrindo unha manchea de sitios novos e todos moi interesantes. De paso veño aquí a desculpar o malentendido do aniversario, que ás veces non me explico nada ben. Polo demais, auga e máis auga.

Bicos!

 
At 2/14/2007 4:00 PM, Blogger torredebabel dixo...

graciñas polas presentacións! por sorte, o blogomillo medra e medra e, ainda que sempre estea eu atrasada no coñecemento dos novos parentes, pareceme fabuloso este crecemento!

 
At 2/14/2007 4:43 PM, Blogger David dixo...

Pois si, cada vez hai máis sitios interesantes na rede ;)
Ademais o blogomillo medra a altas velocidades, hehehe...
Saúdos!!

 
At 2/14/2007 10:08 PM, Blogger paideleo dixo...

Graciñas polos comentarios.
Ultimamente non escribo muito que caio derrotado polo sono enriba do ordenador. A ver se pasa este tempo que achoucha.

 
At 2/14/2007 10:28 PM, Anonymous Marinha de Allegue dixo...

caramba xa fai días que non podía entrar e non vin ata hoxe a foto de leo, mira que está lindo e espabilado.

Beijos para os tres.

 
At 2/15/2007 1:31 PM, Anonymous rifenha dixo...

Senhor paideleo.
Umha ledicia para mim que já possa comentar em meu blogue.
A rede é umha toleria, às vezes, mas é um lugar de encontro que, de outro jeito, de seguro não teriamos.
Também um lugar para visitar a Galiza desde longe.
Biquinhos para o Leo e umha aperta para você e a sua Ana.

 

Post a Comment

<< Home