leoeosseus

Thursday, March 22, 2007

Día da auga

Enteirome por aí de que hoxe é o día mundial da auga e, por casualidade, leo nun libro de Vázquez Figueroa que andaban os españois do século XVI na busca da illa Bímini, onde dicían que estaba a fonte da eterna xuventude. Xa había picaresca daquelas e había xente que vendía falsos mapas sobre a localización desa fonte. Con picaresca ou non, os españois buscábana pola península da Florida pero seica algúns científicos actuais topárona no Himalaia onde a xente dunha tribu chega ós 120 anos sen dificultade gracias a unha auga alcalina. E agora en Miami ( ó final vólvese á Florida ) estana embotellando para vender.
Eu , francamente, non quero chegar ós 120 anos así que procuro beber auga de forma rebaixada... a ser posible en forma de viño ou cervexa.

Labels:

11 Comments:

At 3/23/2007 1:06 AM, Blogger mamiago dixo...

Eu, so bebo auga...daquela, ¿vivirei muitos anos?

 
At 3/23/2007 8:15 AM, Blogger Mario dixo...

Eu non sei se non será picaresca outra vez. A tribo esa ao mellor lle ven a vitalidade da dieta, ou da altitude (seguro que lles dá pouco o sol). Así e todo haberá que beber moita para que faga algo, o cal equivale a chegar pobre ao 120.

 
At 3/23/2007 8:49 AM, Anonymous a randeeira dixo...

A única auga que tomo é a que absorbe a miña pel da choiva así que véxome con pouco futuro.

 
At 3/23/2007 10:19 AM, Anonymous pepe penas dixo...

Había unha vez un paisano que dicía que a auga tiña que ser moi mala para o estómago; só había que ver como deixaba as corredoiras...

 
At 3/23/2007 12:25 PM, Blogger moucho branco dixo...

Para min os 120 non son abondo, eu preciso da inmortalidade, non me conformarei con menos.

 
At 3/23/2007 6:35 PM, Blogger O Breogán dixo...

Tanto preparar beberaxes, apócemas, montar talismáns e demais parafernalia cando o único que haberá que facer será pillar un botellín desa auga no súper... pois menuda decepción.

 
At 3/23/2007 10:17 PM, Blogger andrederabal dixo...

Un veciño meu , que morreu queimado de viño , dicía que a auga para as rás.

 
At 3/24/2007 2:21 AM, Blogger Torreira dixo...

Estántolos estos ianquis Pai

 
At 3/25/2007 9:19 PM, Blogger Mrs.Doyle dixo...

Pois eu bebo entre dous e tres litros diarios e síntome coma un bebé...

 
At 3/25/2007 11:04 PM, Blogger O Raposo dixo...

Eu tamén a tomo rebaixada nos cubatas de ron. A auga vai nos cubitos de xeo.

 
At 3/26/2007 10:01 PM, Blogger dorvisou dixo...

¡Auga non, gracias!...amabilidade ante todo.
Non sei, vistolovisto, non sería mala idea aproveitar o "pis" dalgúns como enerxía das renovables ¿ou?

 

Post a Comment

<< Home