leoeosseus

Sunday, March 11, 2007

Flores amarelas

Hoxe fomos a Arbo e facía un día primaveral e soleado. Hai muitas flores de cores variadas como as brancas das ameixeiras, as violetas pequenas dos pexegueiros, as camelias e as magnolias lilas na súa maioría. Logo hai flores silvestres pequenas pero coa cor amarela con predominancia.

A primeira flor é a ceruda que ten un líquido amarelo dentro do talo e que se empregaba para sandar problemas de pel.



A segunda é o pampillo que vale para facer liñas nas alfombras de flores do corpus e para encher...cando non se empregan as flores da mimosa que son amarelas tamén.




A terceira foto pertence ó mexacán, unha flor amarga que dicían que atraía os cans para mexar nelas e daí vén o nome.






E a última é a chorima, a flor de toxo, que muita xente quería facela emblema de Galicia.
E non sei se debería ser a flor emblema de Galicia pero está claro que ten que ser unha flor amarela.







































































Labels: ,

16 Comments:

At 3/12/2007 12:11 AM, Blogger Torreira dixo...

Fermosa clase amarela paideleo

 
At 3/12/2007 9:05 AM, Blogger leco dixo...

Tes toda a razón. O día menos pensado comezas unha campaña blogomilleira :)

 
At 3/12/2007 11:01 AM, Blogger Marinha de Allegue dixo...

Que post tan primaveral!!.As flores sempre chegan no mellor momento...

Unha aperta grande e floreada.
;)

 
At 3/12/2007 2:40 PM, Blogger moucho branco dixo...

Pois eu sí votaría pola flor de toxo, que é todo ventaxas. Non hai planta mais galega... ademais obriga a gardarlle respeto, non hai maneira de limpar o cú con ela.

 
At 3/12/2007 3:05 PM, Anonymous F. Miguez dixo...

Cos pampillos (pampullos en Redondela), miña avoa facíanos colares cando éramos pequenos, ensartándoos nunha herbeira de xoio.
Falta outra flor amarela e eminentemente galega: a do grelo. Hai zonas na que, nestes días, se ven leiras enteriras tinguidas de amarelo con iso. Tes razón en que é o color por excelencia das flores da nosa terra.

 
At 3/12/2007 11:08 PM, Blogger Mrs.Doyle dixo...

A miña favorita é a camelia.

 
At 3/12/2007 11:20 PM, Blogger Suso Lista dixo...

Tendes razón, as flores GUALDAS, son as mais fermosas, e nós moi ROXOS, je je. Espero que "Raxoi", non se apropie de Galicia.

 
At 3/13/2007 9:56 AM, Blogger Nébeda dixo...

pampillos... fermosos.

 
At 3/13/2007 10:33 AM, Anonymous peke dixo...

Que post tan bonito!

 
At 3/13/2007 9:12 PM, Blogger *Sara dixo...

Vaia clases nos das! :) Sabes? A primeira vez que fixen teatro, bueno, 'teatro', facía de chorima, jeje. A miña primeira declamación foi "eu son a chorima, a flor do toxo"! XD

 
At 3/14/2007 9:31 AM, Anonymous beatriz dixo...

gracias por esta cativa escolma primaveral. aproveito para preguntarche unha cousiña: ¿como fas para pór as fotos en pequeno e ao darlles enriba que apareza a foto de maior tamaño?
como podes aprezar, destas florituras non teño case nin idea.
apertas!!!

 
At 3/14/2007 12:50 PM, Blogger dorvisou dixo...

asolagaches de morriña a minha chaira... e aínda quedan tres meses pero resistirei. ¡Xa che vale, Pedriño!

 
At 3/14/2007 8:44 PM, Blogger O Breogán dixo...

Precioso este post. Non me decatara de tanta cousa amarela que temos.

 
At 3/15/2007 12:01 AM, Blogger TXARI dixo...

nom lhe viria mal á bandeira galega umha flor amarela, nom...

 
At 3/16/2007 3:24 PM, Blogger torredebabel dixo...

non sei ben por qué os paises escollen as suas flores nacionais. Pero non sei de ningun que teña acertado coa escolla, ainda que a min a camelia galega paréceme lindísima. Na Arxentina, a flor nacional é o seibo: unha árbore pequeña, fea, pouco vista e cunha flor tan fea, tan rara... Dende logo, estas suxestións amarelas son fermosísimas!

 
At 3/19/2007 5:29 PM, Blogger Clara Flor dixo...

Eu teño unha flor na casa. Gosta de estar nas terrazas despois do tempo na neve. Moi fermoso. Saudos.

 

Post a Comment

<< Home