leoeosseus

Friday, April 20, 2007

Centro social Rivera Atienza



Entre o choio e os mobles novos da cociña que estamos montando, apenas hai tempo para navegar pola rede adiante.


Vou deixar unhas fotiñas dun sitio onde é máis barato o café do que dicía o señor Zapatero: a 75 céntimos !. O sitio é un pazo en Vigo, con terraza, biblioteca e xardín. É un centro social ( aí está o truco da barateza ) á beira da Escola Oficial de Idiomas.


Desfrutai das fotos mentres non volvo postear.

Labels: ,

16 Comments:

At 4/20/2007 4:49 AM, Blogger Mario dixo...

Eu sempre gostei de Vigo polo clima, non me digas que aínda por riba tedes sitios así que marcho para alá.

 
At 4/20/2007 11:35 AM, Anonymous peke dixo...

Fermoso lugar

 
At 4/20/2007 11:51 AM, Anonymous Larvós dixo...

Pois ademais de polo prezo, ben paga a pena tomar un café aí polo pracer contemplativo do lugar.

 
At 4/20/2007 12:52 PM, Blogger Mrs.Doyle dixo...

Que fermoso lugar e qué barato!
E que Vigo... é Vigo.

 
At 4/20/2007 4:42 PM, Blogger TXARI dixo...

sempre gostei tambén de vigo, o Instituto de idiomas é o que queda por martinez garrido (a doblada?)...

 
At 4/20/2007 10:07 PM, Blogger besbellinha dixo...

oi, a ver se paso por aí cando me toque ir a Vigo que o sito é chulísimo. Que che vaia ben montando mobles, desfrutando da familia e choiando o mínimo posible.

Bicos!

 
At 4/21/2007 12:26 AM, Blogger XurxoCimaDeVila dixo...

pois é unha pasada o sitio! molariame ter un garito asi o lado da casa, e con eses prezos no café... ainda que na zona de lemos ese prezo é o mais común.

 
At 4/21/2007 2:01 AM, Blogger mamiago dixo...

Estaría ben unha encuesta para saber se o café custa 80cts. Donde o tomo custa exactamente iso. Vaia con Zapatero.

 
At 4/21/2007 11:38 AM, Anonymous beatriz dixo...

que ledicia, volver ver o pazo de rivera atienza...
alí teño feito algo de ioga e tráeme á memoria a presentación dun libro dun amigo que xa morreu, xosé carlos o'framinor, e algunha que outra reunión cun grupo de poetas da cidade.
un luxo de espazo en plena urbe

 
At 4/21/2007 6:55 PM, Blogger *Sara dixo...

Si que é un bo tandem ;)

 
At 4/22/2007 5:39 PM, Blogger moucho branco dixo...

pois que non haxa estrés que iso é moi malo... disfruto das fotos e de pensar o maravilloso que é poderse tomar un café a 75 céntimos, :)
Non te perdas moito, eh?

 
At 4/23/2007 4:35 PM, Blogger rifenha dixo...

Um bom lugar para quando vaia a Vigo, ver ao meu Nés.
Saudaçoes e muitas apertas.

 
At 4/23/2007 8:01 PM, Anonymous Chelo dixo...

Q tal van esas obras?, non pensaba eu que inda existiran sitios con eses precios,graciñas pola informacion.
Bqñs

 
At 4/24/2007 12:40 AM, Blogger Suso Lista dixo...

Vigo é a miña segunda patria, teño grandes amigos ahí, e, desde logo xamais os insultarei como suelen facer algúns dedicados a ese s"sano deporte" que é o futbol. En Corme un café vale 80 ctm, desde o dia 1 de xaneiro, que costaba 75.

 
At 4/25/2007 8:39 PM, Anonymous jan dixo...

E que como Zapatero vén pasar as vacacións ao país debeu quedar cos prezos dos nosos cafés, je, je...

En calquera caso poucos sitios quedan co café a eses prezos.

Bicos para os tres e paseade moito!!!

 
At 4/27/2007 8:14 PM, Blogger Brais dixo...

Mais importante que o precio do café e con quen se comparte. Se por enriba podese disfrutar deses fermosos paisaxes, podese converter nalgo inesquecible.
Un saúdo

 

Post a Comment

<< Home