Máis flores amarelas
O tempo voa e van murchando as flores do toxo e as glicinias apareceron e desapareceron case sen decatarse un. Para sustituir as chorimas abrochan aquí e acolá as flores da xesta que son tamén amarelas e ben poderían ser flor nacional.
Eu non sabía que eu fose de gusto tan " vexetal " pero paresque si. E aínda me quedan algunhas prantas máis na recámara.
Etiquetas: natureza
2 comentarios:
E nos aprendendo pai...por certo que o leo está ben repoludiño.Apertas
Esta época é especialmente bonita na paisaxe galega. Eu tamén penso que a xesta ben podería ser a pranta nacional, porque non hai moitas prantas que se aproveiten tanto...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio