Festival de Cans ( 2ª parte )
Onte foi xornada de reflexión pero tamén foi día de festival en Cans ( nome que procede etimoloxicamente de canles e non dos cans que todos coñecemos ).
Eu puiden escapar un par de horas para cheirar o ambiente e enteirarme un pouco de que ía o conto. Non cheguei a entrar en ningún galpón nin cuberto con proxeccións pero puiden ver os chimpibuses a acarrexar xente. Tamén rin un pouco coa actuación de Toni Lomba e Elio dos Santos. Albisquei algún famoso da TVG e recreeime na " can parade " coas siluetas do can símbolo do festival redeseñadas por artistas locais e así dei coñecido o famoso can verde tan raro de ver ( ou era azul o can da expresión ? ).
E como todo non ía ser troula había veciños de Cans que estaban a cavar nunha veiga alleos ó festival.
En fin, que para o ano conto con repetir.
Etiquetas: curiosidades I, vilaguindastre
4 comentarios:
parecía boa a festa parecía... magoa non ter a oportunidade de ir mais algun día farase o esforzo. A xentinha sachando na terra, o final todo conduce o traballo.. incluso o traballo para facer o festival!
saudos!!!
Eu non poiden estar este ano. A ver pro que ven.
Xurxo: a festa era boa e máis para un mozo coma ti. eu xa vou algo casqueiro para estas lideiras.
Suso: ogallá veñas e poidamos mandarlle algo no bar do torreiro da festa. Iso se non vas para presidente da Xunta e estás liado...
Que lástima non verte! Co que me tería gustado ter coñecido ao pequeno leo (e familia, claro).
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio