Voda e visita a Monçao
O sábado foi a voda e tivemos oportunidade de ver familiares ós que levabamos tempo sen ver. Tamén demos a coñecer o Leo en sociedade e aínda había tres embarazadas e algún naipelo máis. O sitio do banquete é novo e con gusto e ten unhas vistas da ría de Vigo preciosas ( apréciase na foto ). O Leo pasouno ben pero despois quedou durmido e tivo un mal despertar cando tocou a gaita un amigo da parella e non lle chistou nadiña ese son tan agudo ó Leo.
O domingo fomos xantar a Portugal co avóM e coa avoaM e primeiro fomos a Casa Álvaro e non había sitio. Logo fomos ó Escondidinho e foi difícil topalo alá por un camiño na ponte vella de Chamosinhos e estaba cheo tamén así que logo acabamos en Cerdal, camiño de Ponte de Lima, na Adega do Joao. De alí fomos a Monçao e puidemos ver a Coca coa filla e a neta. Na estación ( xa non hai tren nin vías ) estaba a mostra do Alvarinho e había postos de artesanía e exhibición de como se traballaba o liño. Tamén había unha rosquilleira que vendía as rosquillas soltas e un posto de churros " á espanhola ". Paramos pouco tempo que empezou a chuviñar.
Monçao pareceume bonito coa súa muralla e o seu aire decaído e a cantidade de nespereiros que ten. Quedoume pena de non levar a cámara que había escenarios ideais.
E así foi a fin de semana.
Hoxe luns traballei de tarde e o Leo durmiu fóra de control.
7 comentarios:
Unha fin de semana intensa, sen dúbida. Non é de estrañar que Leo durmise de vez. E moi ben buscado o nome do Escondidinho. Saúdos.
a min recordame a túa descricion a parte olvidada da cidade de lugo, cando falas o final de decaida. é tamen en partes moi bohemia mezclandose o antigo coa modernidade: os edificios coas casas vellas. ainda que posiblemente me influa aquelo de celso emilio de "eu quero ir a lugo"
Asi queo Leo non nos vai sair gaiteiro...que magoa!.Apertas
sorte a túa que tes un fillo que che dorme moito e ben... a miña irmá naceu fai xa 7 anos e aínda non o fai. :s
Bico :*
Deixa que vexa esa gaitiña co fol de serrin e a bandeira de egpaña, xa veras que logo se volve ghaiteiro.
O Escondidinho é un dos meus sitios favoritos. Eu contei un día no meu blog que nese restaurante sentíame como na Coruña ( e lamentablemente non só alí ): Por moito que eu lle falara ao camareiro en galego el respostábame en castelán. Daquela tomara "polvo asado á brasa" e de sobremesa "leite creme".
Cabe a posibilidade de que ao Leo non lle disguste a gaita, senón acordar con ela.
Saúdos gastronómicos.
canto paseo con vós! é unha ledicia percorrer pobos montada nas túas verbas e imaxes.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio