O conto do mecánico e o seu xefe
O meu compañeiro carretilleiro contoume unha anécdota que vou tratar de contar aquí.
Resulta que o mecánico dunha empresa era pequeno, pequeno e o xefe era un homón que pasaba dos dous metros de altor e que era ancho de ombreiros. O tal mecánico, chamémoslle Tino, tiña que cambiar uns fluorescentes da oficina. O Tino era baixiño e non lle chegaba ó falso teito. Tratou de estarricar as pernas e pórse na punta dos pés pero apenas tocaba o teito. Nese momento pasou o xefe, chamémoslle Don José, e díxolle con ton burlento: -" Tino, hombre; estírese que no le llega ". O xefe marchou rindo e o Tino foi buscar unha escaleira desas de tres banzos. Subiuse e chegáballe por pouco ó tubo. Despois de suores e renegos logrou cambiar os fluorescentes. Cando limpaba o suor con pano aparece o xefe. Don José seguiu co conto: -" Tino; que pena no nacer unos cinco centímetros más grande. Hoy no lo pasaría tan mal ". E o xefe botou unha gargallada. Isto encheu a Tino que lle preguntou ó xefe: -" Sabe usted porque soy tan bajito ? ". O xefe dixo que non sabía. " Pues porque soy hijo de un solo padre ". Don José quedou pensando e xa lle viña o enfado á cara. Tino rematou: -" No se enfade, hombre. Usted tampoco es grande ".
Etiquetas: contos
6 comentarios:
:)
:) A foto é espectacular.
Je je. Listo o Tino.
Moi bo. Agora que non hai quen lle tosa aos xefes agradecense historias coma esta.
Eu son tirando a pequeno, terei que confirmar o meu con mila nai.
Ese tino que ben lle contestou ao xefe.
Había que ter sempre unha resposta destas preparada para algunhas ocasións.
un saudiño.
HE HE. Esa sí que foi boa. Aínda me fixo rir un pouco.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio