leoeosseus

martes, 24 de xullo de 2007

Operación máxica


TioNan estivo de cumpreanos. Estudiou económicas así que seguro que lle gusta este xogo.
- Pensa un número do 1 ó 9.
- Multiplícao por 9.
- Suma os díxitos resultado desa multiplicación.
- Réstalle 5.
- Colle o alfabeto e colle a letra que coincida con ese número. Ex: A é 1, B é 2, C é 3, D é 4, etc.
- Pensa un país que empece por esa letra.
- Colle a segunda letra dese país e pensa un animal que empece por esa letra.
Solución nos comentarios.

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 24/07/07, 01:11 , Blogger paideleo dixo...

Hipopótamo escríbese con H.
Que curioso. En Dinamarca non hai iguanas.

 
Ás 24/07/07, 10:21 , Blogger Elianinha dixo...

Abraiada. Eu tamén ía falar das iguanas de Dinamarca. Xa lle pillei o truquiño ao xogo. Alguén haberá que diga Djibouti, non? ;)

 
Ás 24/07/07, 15:02 , Anonymous Anónimo dixo...

moi bo.

 
Ás 24/07/07, 16:14 , Blogger La queue bleue dixo...

Certo, hipopótamo é com h e iguana nem me passou pola cabeça.
Pero iltis em alemám é furom. :D

 
Ás 24/07/07, 20:24 , Anonymous Anónimo dixo...

Está ben!

 
Ás 25/07/07, 13:20 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

buf, que rollo. :s :s sinto animadversión polo números.

fELICIDADES ó "afectado". Bicos.

 
Ás 26/07/07, 00:12 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

Ti es medio mago, Acedre... ou medio meigo?

 
Ás 26/07/07, 03:09 , Blogger moucho branco dixo...

eu vexo mais de dous números xuntos e dame o vértigo, pido papas!, :P

 
Ás 26/07/07, 10:35 , Blogger Veloso dixo...

Estaba pensando nas iguanas de Dinamarca. Non vou tratar de entender o truco, non vaia ser que me caia o pouco pelo que aínda teño. Con retraso, pero feliz día da Patria para ti e para todos os teus.

 
Ás 26/07/07, 18:02 , Blogger franetico dixo...

xa me perdín!

 
Ás 26/07/07, 18:03 , Blogger franetico dixo...

Tío, Tío, Tío... Cacheino. Gracias por esperarme.

 
Ás 27/07/07, 00:14 , Blogger Mario dixo...

Eu non o lembraba así, senón algo como os xabaríns de Irlanda, aínda que seguro que sempre o fixen mal.

 
Ás 31/07/07, 17:50 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu pensara no Ibis :-)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio