Fin de semana movida para o Leo
Esta fin de semana puido co Leo que sae na imaxe como chegou hoxe a casa.
Onte estivemos en Pías e xogou co curmán Fiz. Á tardiña fomos á praia e agatañou pola area adiante. E hoxe estivemos en Marín desfrutando cunha familia blogueira e outros amigos que teñen un fillo que non chega ós dous anos. O tute que levou foi de máis.
Etiquetas: interrede I, leo I
9 comentarios:
Hahahaha, xa vin na casa da familia blogueira o tremendo domino do gateo ten o Leo... e que guapirmo está!
Biquiños.
Quedou toupado, vaia ritmo que leva o chaval. Os pais seguro que quedaron peor.
Un saudo
Pero que cousiña mais rica! Que mofletes!
Parabéns polo aniversario (xa sei que é o outro post, pero) e parabéns por esa fermosura.
xa fixeches un ano con este Blog, outro ano co outro, xa tiveches un fillo, seguro que tamén plantaches unha arbore, ¿subiches en globo?
as bochechas deste neno deberíanse mancomunar.Apertas
Feliz cumple blog, e que cumplas moitos mais. saludos
Graciñas polos piropos e os comentarios neste mes tan pouco dado a bloguear.
que feito!!!! e con esa cariña de canso! mágoa perder na meoria eses días de rapaces. Penso que teñen que ser dos mellores da vida.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio