leoeosseus

martes, 28 de agosto de 2007

Caricatura de Paideleo



Estamos con reformas na biblioteca da casa e entre libros e trangalladas descubro papeis que cría perdidos. Un deles é esta caricatura que ma fixo un mudo hai once anos. Eu estaba nunha cafetería e apareceu o home co seu bloc e utensilios para debuxar. Ofrecía facer caricaturas por cincocentas pesetas. Eu non tiña ningunha caricatura miña e dispuña de media hora e tamén desas cincocentas pesetas así que me ofrecín para que ma fixera. Fíxoma, leveina a casa todo gabacho e coas mudanzas e o paso do tempo rematou por desaparecer ata que estes días a volvín descubrir. Gustaríame conservala porque segue sendo a única caricatura miña que teño e porque César, o caricaturista, pode que un día se faga famoso e obras asinadas por el adquiran gran valor...Nunca se sabe...

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 29/08/07, 03:11 , Blogger Paco Penas dixo...

Xa o apuntaba CASTELAO, UNHA CARICATURA NON TEN POR QUE SER MÁIS CRUEL QUE UN RETRATO, OU ALGO ASÍ :-)
QUEDACHES MONITO.
APERTAS DE BIMBIO.

 
Ás 29/08/07, 11:01 , Blogger Meris dixo...

Habria que comparala cunha foto de aquelas. Ainda que seguramente non sexa necesario e se asemelle bastante a realidade.

 
Ás 29/08/07, 22:58 , Blogger An dixo...

eu teño unha caricatura miña :) enmarqueina e agora loce e mar de ven diante da miña mesa de trasparencias...eu tamen ando a cismar sobre o asunto da miña libraria...o mellor fago uns cantos arranxos que xa non teño onde meter nadiña. GRazas polos teus animos. Un pracer leelos no me caderno. Apertas e milleiros de grazas

 
Ás 30/08/07, 01:04 , Anonymous Anónimo dixo...

Pareces unha mestura de Espinete e Yola Berrocal. Consérvaa ben e a medida que che vaia caendo o pelo apreciarás o seu valor.
É broma, está moi ben.

 
Ás 30/08/07, 01:14 , Blogger torredebabel dixo...

pois saiches moi ben!!!! eu teño unha tamén que ma fixo un artista que admiro e quero, chamado Hermenegildo Sábat. E gustame moito porque concentra todos os meus defectos pero dun xeito agarimoso.

 
Ás 30/08/07, 22:00 , Blogger Pau dixo...

Visto o visto e ca ricura de meniño que podemos apreciar no post anterior, non se pode dicir aquelo de "tal palo tal astilla"
jejejeje. Saudos

 
Ás 03/09/07, 01:24 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

pois como mínimo merece un marco

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio