leoeosseus

domingo, 12 de agosto de 2007

Embotellando II

A lúa estaba minguante esta fin de semana e tocou embotellar un pouco de viño albariño, de híbado e tinto.
A encorchadora levou bo ritmo e as botellas foron xuntándose.

Libramos dous bocois e unha pipa pequena. Pasaron máis de cen cabazos ( 20 litros ) coma o da foto.


As rollas eran portuguesas que para iso son os principais productores de corcho do mundo e o viño levou con orgullo a rolla co lema " vinho de lavrador "... un viño de casa, fresco, afrutado e sen artificios; o digno premio a un ano de traballos e suores.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 12/08/07, 23:32 , Anonymous Anónimo dixo...

aqui son canaos de vinho... pero non che sei dicir moito ben como era a medida.... si eso das luas moi mitico para trasfegar ou andar co vinho.. Agora a bebelo!!!
Saúdos!1

 
Ás 13/08/07, 10:56 , Anonymous Anónimo dixo...

A ver que pasa este ano, que máis ben parece que traballos e suores, os mesmos de sempre, pero premio vai quedar pouco.

 
Ás 13/08/07, 10:57 , Anonymous Anónimo dixo...

Por certo, embotellar e corchar é un traballo agradable, pero lavar botellas...

 
Ás 13/08/07, 16:07 , Anonymous Anónimo dixo...

Que preste!

 
Ás 13/08/07, 20:49 , Blogger Suso Lista dixo...

Pois ahora toca disfrutalo.

 
Ás 13/08/07, 22:47 , Blogger Torreira dixo...

Eu quero...

 
Ás 13/08/07, 22:53 , Anonymous Anónimo dixo...

iso, iso, e saúde para todos!

 
Ás 13/08/07, 23:39 , Blogger paideleo dixo...

Haberá que desfrutalo e que conste que o máis do traballo o leva o avóM e non eu.

 
Ás 14/08/07, 09:51 , Blogger Unknown dixo...

Hai que embotellar o que queda, e bebelo que pronto chega a vendima e hai que ter a adega a punto.
Haber este ano, con este tempo e o mildeu non sei. Haberá que coller o que veña.
Saudos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio