leoeosseus

domingo, 9 de setembro de 2007

Festa da Virxe do Libramento

Esta imaxe corresponde á festa da Virxe do Libramento en Arbo no ano 2003. Agora cambiou porque xa non hai xuntas de bois para tirar do carro e é un tractor o que fai o traballo. Esa virxe axuda ás mulleres no momento do parto. Por esta terra hai muita tradición de santos e virxes avogosas de mil asuntos porque o pobo galego sempre pensou que Deus pode ser grande pero non pode atender todo, penso eu. Os entendidos din que é un resto do politeísmo anterior ó cristianismo que a relixión católica asimilou admitindo santos e virxes.
O caso é que esta tradición en Arbo vai a menos. Antes eran os bois os que tiraban do carro e había varios nenos con asas de anxo montados no carro. Levan catro anos sen bois e este ano só había dous nenos engalanados de anxiños e un deles tiña asas de anxo pero tamén unha viseira ( como se adiviña na dereita das fotos dos anxiños ).

Aparte do carro con anxiños vai outra virxe portada por catro ofrecidas, unha gaita, tamboril e tambor e oito danzantes que cada pouco danzan distintos bailes diante do carro e frente á virxe. Estas danzas son bonitas e orixinais.




E como non todos os adiantos tecnolóxicos han ser malos; aquí poño unha foto dun bar tirado por un tractor.



En fin, que temos unha terra chea de crenzas.

Etiquetas: ,

8 comentarios:

Ás 09/09/07, 23:34 , Blogger busto.agolada dixo...

Interesante tradición. É pena que se desvirtúe. Conservar as tradicións é de pobos sabios, anque haxa quen pense que son anacronismos.
Saúdos.

 
Ás 10/09/07, 00:26 , Anonymous Anónimo dixo...

Como moi devoto non son, quédome co bareto móbil, coa súa música ambiente e todo.

 
Ás 10/09/07, 14:55 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

São muito bonitas as festas religiosas que se realizam não só na sua terra, mas também por todo este pequeno Portugal.
São além do mais um bom meio de capturar turistas. Ontem mesmo eu fui a uma festa em honra da Nª Srª da Boa Viagem, que é padroeira dos pescadores, e Portugal vive muito da pesca.
Mas nesta festa com pequenos andores levados em ombros, havia muitas crianças, vestidas de vários santos. Foi uma festa muito bonita que relatei lá no meu cantinho.
Abraços

 
Ás 10/09/07, 15:48 , Blogger Pau dixo...

Perdense moitas tradicions,é verdade i é unha pena que non se intenten conservar

 
Ás 10/09/07, 22:27 , Blogger Suso Lista dixo...

A que non se vai perder, vai ser a do bar. Por certo, a miña irman pequena da clase en Arbo.

 
Ás 11/09/07, 12:23 , Blogger Raposo dixo...

O dos anxos con viseira é unha das sinais dos novos tempos ou da moda verán-outono no Corte Inglés. Non te extrañes se nos vindeiros anos ves a algún tamén con teléfono móvil.

 
Ás 11/09/07, 23:37 , Blogger paideleo dixo...

Os tempos evolucionan e as cousas cambian e mesmo desparecen. Cando coñecemos algo dunha maneira entristécenos que cambie ou desapareza pero é lei de vida.
Sempre quedará o bar móbil para afogar penas.

 
Ás 10/09/12, 17:26 , Blogger Paz Zeltia dixo...

sí que da pena que se perdan as tradicións... unha cousa é que vaían evolucionando e outra é esquecelas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio