Barquiiillos
Esta imaxe foi tirada hai tres horas. O Leo desfrutou na area agatañando e metíase sen medo no mar. Houbo dous feitos extraños para el: que a auga que tiraba na area desaparecese de forma misteriosa e que pasase cada pouco unha señora berrando " Barquiiiiillos ". Eu lembro que antes dicían " Parisiiiiiéns y patatillas ".
Etiquetas: leo II
10 comentarios:
Fai xa bastantes anos un tío nas Cíes pasaba dicindo "Barquillos", e despois dicía "Tabaco, porro, marihuana".
Non sei de que producto vendeu mais.
Apertas.
Ostras, os parisiéns, é certo.
Pero que foto me pos? A do verán? Pero chegou a Ghalisia, agora que me teño que poñer a traballar? Paciencia...
Unha aperta, e alégrome de encontrarvos a todos ben.
Al rrrriiicooo parisiéeen! Ciinco duuuros! (ou eran 20?) buf que tempo hai diso xa :)
Que fermosas son sempres as postas de sol. Mágoa que este ano andou pouco por estes lares. Saúdos
Seguro que foi un día entranhable, quen me dera ver ao Leo.
Beijosssss de setembro.
;)
Pipas! Caramelos! Gharrapiñadas!
Na foto sae o sol ocultándose por detrás de Monteferro, en Nigrán.
Eu non sei como a xente come parisiéns e patatillas nun ambiente tan seco como o da praia. Bueno, eu tamén os comía de pequeno. Iso si, prefiro tomar piña como nunha ocasión nas Canarias...iso si que refresca !.
Ictioscopio: os parisiéns custan agora un euro.
Graciñas polos comentarios e feliz fin de verán.
Parisiéns?
:?
Parisiéns!!!!!,non era a magdalena de Proust?:Apertas
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio