leoeosseus

mércores, 12 de setembro de 2007

Fin practicamente de verán



Levo toda a semana visitando o restaurante do " Gran Botellón " porque non vou ó supermercado xa que aproveitamos as tardes para ir á praia, a queimar os últimos cartuchos deste seudoverán. Queriamos bañarnos nove días seguidos en setembro que din que iso inmuniza a unha persoa de catarreiras e gripes por un ano pero xa non puido ser que o domingo fallamos.

E como case despedida de verán poño a foto dun gato nunha fiestra dunha casa brasonada de Vilaguindastre. Estas noites as fiestras están abertas de noite que semella que as casas queren respirar por elas. Dá un pouco de mágoa pensar que dentro de pouco hai que fechar as fiestras de noite.

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 12/09/07, 23:31 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

Pois eu sempre pecho as fiestras de noite, non vaia ser que enten os trasnos (ou me escapen os gatos).

 
Ás 12/09/07, 23:51 , Anonymous Anónimo dixo...

A min tanta calor xa me fede, sentimento este que como xa sabes está ben presente en Vilaguindastre. Eu o que quero é que chova e que refresque isto un pouco, a pesar dos gatos.

 
Ás 13/09/07, 10:06 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Nunca oíra o dos nove días do baño de setembro. Está ben. Algo terá o nove, porque na miña zona tamén se di que a tronada, se pasa dunha tarde, dura nove días.
Apertas!

 
Ás 13/09/07, 11:37 , Blogger Unknown dixo...

O gato ese debe andar os ratos.
Espero que sexa mentira eso dos nove dias. Mina vou estar o inverno enteiro de catarreira.

Pronto chega o inverno pero non é ten malo, asi despis apreciamos mellor o verán

 
Ás 13/09/07, 20:25 , Blogger TXARI dixo...

aproveitade, aproveitade que nom vos vaia durar muito!!

 
Ás 13/09/07, 21:15 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

O dos nove banhos eu tenho un tío que o fai tódolos anos. Ainda que el bánhase o resto do verán en setembro faiga o tempo que faiga el banhase nove días seguidos. A el vaille moi ben, é unha persoa moi metódica.

Unha aperta.

 
Ás 13/09/07, 23:00 , Blogger Suso Lista dixo...

Se te das nove baños en Corme, morres no septimo de frio ou de pulmonía, tan fría está aquí a auga. Debe de ser por eso que temos tan bós percebes. Eu durmo ca ventana aberta todo o ano, e nunca collín unha gripe (toco madeira)

 
Ás 14/09/07, 16:55 , Blogger elvira dixo...

Caramba, deve ser por isso que sempre tenho problemas com constipações no inverno. É que nunca tomei banho de prais em Setembro, excepto quando era criança e vivia nas margens dum rio. Nessa altura acho que só não andava dentro de água, quando fazia mau tempo.
Bom fim de semana
Um abraço

 
Ás 14/09/07, 20:08 , Blogger Pau dixo...

Pois eu estou dexexando pechar a fiestra polas noites, aturo mellor o frio que o calor.

 
Ás 14/09/07, 20:29 , Blogger Alexan dixo...

Cada tempo ten o seu encanto.
Unha aperta

 
Ás 15/09/07, 01:00 , Anonymous Anónimo dixo...

POis si!Dá mágoa, aínda que como ben dixo Breogán, eu xa no sei o que é ter unha fiestra aberta de par en par...!!! No noso caso para que non escapen os ghatos.

 
Ás 17/09/07, 13:40 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Parece un gato de alta alcurnia

 
Ás 19/09/07, 01:49 , Blogger torredebabel dixo...

pois aquí, comezamos a pensar en abrir as fiestras e encher a alma de algo de sol. Cousas de estar no outro lado do planeta. Van apertas, dende este lado.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio