Mimosas

Etiquetas: natureza I

Etiquetas: natureza I

Etiquetas: arbo I, etnografia II, lingua II, natureza I

Etiquetas: interrede I, natureza I

Etiquetas: arbo I, lingua II, natureza I
Para comer o taco no choio sempre levo fruita. Agora estou de sorte porque estamos na época das mandarinas, os kiwis e mazás da casa que non teñen igual no sabor. As mandarinas xa as rematei e mazás quedan mui poucas. Os kiwis, que houbo poucos este inverno pola seca; quedan para outra semana máis e logo acábanse. Logo toca mercar fruita e hai que escoller entre a variedade que hai. Así, por exemplo, en troques da mandarina caseira hai varios cítricos que me semellan novos e descoñecidos. Antes só había mandarinas e clementinas pero agora hai clauselinas e clemenvillas e muitas máis !. O que podían inventar dunha vez é unha fruita con sabor caseiro e deixarse de gaitas.Etiquetas: arbo I, natureza I
Onte dispoñía dun par de horas e decidín ir buscar zarrotas que foi o nome que aprendín para un tipo de cogomelos que xa comía o meu bisavó cando ía ás feiras de gando e botaba camiñando varios días e tiña que comer do que topaba polo camiño.
Etiquetas: etnografia I, natureza I

Etiquetas: lingua I, natureza I, traballo I

É triste que ás sete da tarde sexa noite, que a tardiña desapareza comida pola noitiña e engulidas ámbalas dúas pola noite negra coma fariña do demo...
Pero está ben beber unha auga sá de balneario portugués esmorecente e pasear polo seu xardín decaente e dalí ir apañar castañas...
Porque o outono tamén ten cousas boas.

Etiquetas: natureza I

Etiquetas: arbo I, lingua I, natureza I
Onte foi o terceiro día de vendima para min e desta volta tocou o turno dos híbados que son uvas híbridas. Estas uvas resisten ben as pestes e os problemas climáticos e dan un viño dóce que non está mal de todo. Se comes a uva tés que botar a casca fóra que é mui dura. Este ano houbo menos que o ano pasado e así puidemos vendimar nun día San Benito, Correlos, Reghengo, Louriña, Suborribas, Martín Tomé, Purghadas, As Laxiñas, A Ínsua, Tumbalobos e o alto da Refontán.
Etiquetas: arbo I, natureza I, viaxes

Hoxe tocoume a segunda tanda de vendima 2007. Desta volta tocou vendimar uvas albariñas como as da foto. Estivemos en Correlos, Tumbalobos e Suborribas e apenas enchemos unhas doce caixas para a adega. As uvas estaban secas no cacho e poucas se aproveitaban. Este ano a cantidade é unha quinta parte do ano pasado que fora de récord. As videiras desta volta están case baleiras pero si que había vides novas con uvas. A primeira vez que dá uva unha videira ten que vendimala un home que se a vendima unha muller vólvese a videira aneira, ou sexa, dá uva ano si ano non. É unha cousa de vellos pero a xente aínda segue este costume supoño que por se ascaso !.
E así foi o segundo episodio. Gústame a vendima porque o campo revive con xente polas viñas que aparecen familias enteiras para axudar e coas parrafadas e os risos dos vendimadores e o traqueteo dos tractores. Tamén contribúe a paisaxe coa explosión de cores amarelas, vermellas, verdes, laranxas e castañas engrandecidas pola luz apagada do setembro de sombras longas.
Aínda quedan por vendimar as uvas de treixadura para a adega e o híbado para a casa. Pero iso será outro día.
Etiquetas: arbo, etnografia I, natureza I
O sábado tocou vendimar tintas e estivemos en Correlos, Reghengo, Louriña e As Insuas. Este ano había menos uva e nos cachos a metade estaba seco. Vendimamos Gharnacha, Folla Redonda e Mencía. A Folla Redonda é un híbrido que dá un viño oscuro e daí sacan muito Barrantes. As uvas son redondas e de cor mui escura e a folla da videira dobra as puntas dunha maneira que case queda redonda. De Mencía non hai muitas videiras pero son mui vellas, gordas e retortas. Á beira das Insuas había un cabalo cun cencerro que o deixan alí de noite para que non vaia o porco bravo ó millo. Tamén deixan un can na outra punta da veiga pero o porco bravo entra todo cheo de razón. Supoño que ó ver que hai máis animais el colle confianza.
Etiquetas: arbo, natureza I

Levo toda a semana visitando o restaurante do " Gran Botellón " porque non vou ó supermercado xa que aproveitamos as tardes para ir á praia, a queimar os últimos cartuchos deste seudoverán. Queriamos bañarnos nove días seguidos en setembro que din que iso inmuniza a unha persoa de catarreiras e gripes por un ano pero xa non puido ser que o domingo fallamos.
E como case despedida de verán poño a foto dun gato nunha fiestra dunha casa brasonada de Vilaguindastre. Estas noites as fiestras están abertas de noite que semella que as casas queren respirar por elas. Dá un pouco de mágoa pensar que dentro de pouco hai que fechar as fiestras de noite.
Etiquetas: natureza I

Etiquetas: arbo, lingua I, natureza I

Hoxe este blogo fai un ano. E para celebralo poño a foto dun codeso en flor que para iso esta é a época de floración. Os codesos viven xuntos coas xestas pero botan flor máis tarde que as xestas.
Cambiando de tema; hoxe fomos á praia contra a tardiña e o primeiro que facemos sempre é ver se a marea sobe ou baixa para pórnos no límite que marcan as algas secas. A marea subía e por baixo do límite había dúas parellas de turistas que non sabían que a marea lles viña enriba. En detalles coma este, aparte do socate, distingue un se a xente é turista ou non. E unha diversión tonta que teño é esperar que a marea suba e molle as toallas dos despistados. E iso que a marea vai avisando que sobe !.
Etiquetas: interrede, natureza I

Etiquetas: interrede, natureza I

Etiquetas: lingua I, natureza I
Onte foi festivo en Vilaguindastre e en Arbo e aproveitamos para ir xantar alá a Arbo. Mentres case todos durmían a sesta eu dei unha volta polo baixo da casa e mirei este monte de videiras para queimar e lembrei a historia que contara " O Chumbiño " na vendima. Resulta que " O Chumbiño " tiña ó lado da casa unha videira vella que lembraba de toda a vida. Esa videira nunca fallaba e daba viño tódolos anos e viño bo. Esa videira era un amigo fiel e unha verdade coma un templo. Pero pasou o tempo e mudaron as cousas. Chegou un coche á casa e había que facerlle un sitio; e o sitio da videira era o ideal. " O Chumbiño " negábase a arrincar esa videira cumplidora e amiga. A muller teimou e alá foi el cun machado para cortala pero non puido. Só quedaba unha solución. Foi á adega e bebeu viño desa videira e bebeu máis e máis ata que estaba o suficientemente peneque como para facer ese crime. Colleu o machado e ós trompicóns, borracho e chorando cortou a videira para facer leña.
Etiquetas: arbo, natureza I

Etiquetas: lingua I, natureza I

Etiquetas: lingua, natureza I