leoeosseus

luns, 17 de setembro de 2007

Primeiro día de vendima

O sábado tocou vendimar tintas e estivemos en Correlos, Reghengo, Louriña e As Insuas. Este ano había menos uva e nos cachos a metade estaba seco. Vendimamos Gharnacha, Folla Redonda e Mencía. A Folla Redonda é un híbrido que dá un viño oscuro e de aí sacan muito Barrantes. As uvas son redondas e de cor mui escura e a folla da videira dobra as puntas dunha maneira que case queda redonda. De Mencía non hai muitas videiras pero son mui vellas, gordas e retortas. Á beira das Insuas había un cabalo cun cencerro que o deixan alí de noite para que non vaia o porco bravo ó millo. Tamén deixan un can na outra punta da veiga pero o porco bravo entra todo cheo de razón. Supoño que ó ver que hai máis animais el colle confianza.
O domingo chegou a treboada e fixen a foto de arriba dende a fiestra da casa
Aparte de vendimar aprendín dunha prantiña sinxela que nace no medio das viñas e que se chama beldro e sae refrexada na foto de embaixo. Antigamente facían ensalada co ela pero non valía muito. Eu supoño que será o " bledo " e de aí a frase " me importa un bledo " co valor de " non me importa nada ".
E isto foi vendima 2007 capítulo primeiro que aínda quedan as brancas por vendimar.



Etiquetas: ,

12 comentarios:

Ás 17/09/07, 23:14 , Blogger Suso Lista dixo...

Importame un beldro, que medre ahí, je je. Cando estea o mosto avisa.

 
Ás 17/09/07, 23:57 , Blogger Torreira dixo...

Que mosto,pasa unha cunca que asi desencanchámonos do ging tonic mais facilmente.Apertas

 
Ás 18/09/07, 14:41 , Blogger Fada Branca dixo...

Que recordos me trouxo este post por deus, o bosque onde foi parar esta fada branca non é tan verde como desexaría.

 
Ás 18/09/07, 14:50 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Tedes sorte de ir á vendima. En Santiso este ano, como di miña avoa, "non hai pa que mirar". Non sei se lles deu a peste, como din os vellos, ou se xa naceron atravesadas, pero non vai haber recolleita.

 
Ás 18/09/07, 16:50 , Blogger Unknown dixo...

A miña vendima esta a punto. Na casa xa non temos cepas tintas, haberá que facer viño blanco.
A esa planta, ou a unha parecida, aquí chamamoslle berro. No sei a min gustame facer ensalada con ela pero miña aboa di que non vale para nada que é unha herba que medra nos regueiros ela soa.

 
Ás 18/09/07, 19:12 , Blogger Alexan dixo...

Nunca participei na vendimia, nin vin vendimiar.Pero fai anos teño tomado Mencía, creo que era da comarca de Valdeorras, é que era Joaquin Rebolledo, gardo gratos recordos dese viño e da persoa ca que compartín esa botella.
Saúdos

 
Ás 18/09/07, 22:23 , Anonymous Anónimo dixo...

Sempre aprendemos contigo un montón Paideleo, a ver cando nos contas isto tomando un bo viño...

Apretas para os tres

 
Ás 18/09/07, 23:45 , Blogger Raposo dixo...

Pola miña terra hai una planta parecida que se lle chama pamplina (o mellor é a mesma). Eu teñoa comido en ensalada cando era pequeno e recordo que me sabía bastante ben.
Saudos.

 
Ás 19/09/07, 01:11 , Blogger La queue bleue dixo...

Pero e logho já começarom as vindimas em Arbo? Pensava que até a semana próxima inda nom... Será que na tua família sodes uns adiantados ou eu que ando na pola? :P
[Ser, é-che bem bonito, é a minha época favorita do ano]

 
Ás 19/09/07, 01:54 , Blogger torredebabel dixo...

pois aquí emprégase moitísimo e, cando menos eu, non tiña nin idea de onde viña a palabra. Coma sempre, graciñas!

 
Ás 19/09/07, 11:04 , Anonymous Anónimo dixo...

Só fun unha vez vendimar e aínda me doen os cadrís. Pero paseino moi ben.

 
Ás 21/09/07, 00:27 , Blogger paideleo dixo...

Pois quedo sen saber se é berro ou bledo.

Graciñas a todol polas vosas palabras e louvanzas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio