leoeosseus

luns, 21 de xaneiro de 2008

Cousas que se aprenden


Esta fin de semana saiu por fin o sol e o Leo podía tratar de agarrar nunha parede a sombra da miña man para risa dunha parella que ía en coche. Os avós de Arbo prantaron maceiras, un peladilleiro e coellas, palabra que aprendín esta fin de semana e que define as verzas pequenas. No domingo axudei a atar as pólas dun limoeiro para guialas e aprendín na miña carne que os limoeiros teñen espiñas. No alto cantarexaba co vento a trécola ou tarabela da foto para axotar a aguia que come as galiñas. E cando montamos no coche de volta cantaba a curuxa ao lonxe pero faltaba o chío de mal agoiro da ave nocturna que non coñezo e que chaman a cabra " de morrás ".
En fin, cousas que se aprenden.

Etiquetas: , ,

14 comentarios:

Ás 21/01/08, 23:27 , Anonymous Anónimo dixo...

Non coñezo a cabra "de morrás", pero lembráchesme unha palabra que xa tiña esquecida, "coellas"; tamén lle chaman así pola zona de Allariz.

 
Ás 22/01/08, 01:19 , Blogger silvia garcia dixo...

hai unha chea de cousas que aprender, fóra da cidade, ocurreuseme montar unha exposición nunha escola vella en Cela, Bueu e aprendín tamén da xenerosidade a que non estamos acostumados, o taxista, presidente da da asociación de veciños, foi quen se ofreceu a abrir e pechar a exposición.....

http://acidadedendefora.blogspot.com/

 
Ás 22/01/08, 01:21 , Blogger Paco Penas dixo...

Claro, como a froita non chega para todos sempre tes algunha "verba nova" para agasallar os teus fiéis visitantes.
Eu embobo co teu relato e faime feliz pensar que haxa personas humanas que sexas capaces de ser ditosas co que ocorre ao seu arredor.
Gracias por compartir tanta xenerosidade.

 
Ás 22/01/08, 10:21 , Anonymous Anónimo dixo...

Así que o Leíño quería coller a sombra da túa man. Parece que lle van as cousas difíciles. :)

 
Ás 22/01/08, 13:07 , Blogger Berta Helena dixo...

Aprende-se sempre muito no campo. É saudável e eu gosto. Por isso vivo fora da cidade, numa zona rural, mas trabalho no Funchal, a cidade que comemora este ano 500 anos de existência.

Um abraço.

 
Ás 22/01/08, 21:14 , Blogger Unknown dixo...

Na aldea de onde son, a cabra de "morrás" é a cabuxa do aire, porque canta dun xeito moi parecido ás cabuxas.

E dá medo do de verdade, non o do cine para apertarse ó/á mozo/a.

Unha apertiña

 
Ás 22/01/08, 21:19 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois mira que son parvo! Eu non sabía da utilidade dos "muiños" eses enriba dos frutais...
Xa ves, todos aprendemos.

 
Ás 23/01/08, 02:35 , Blogger A rapaza do arco dixo...

Que fin de semana máis guai! a min, que preciso da luz como se fixese a fotosíntese, estes días de sol no inverno devólvenme a vida :)

 
Ás 23/01/08, 13:19 , Blogger Mer dixo...

xa ben di o refrán: nunca te deitarás...

 
Ás 23/01/08, 14:49 , Blogger kafre dixo...

Eu nunca o oira e non sei como lle chamamos no meu pobo, pero informareime

 
Ás 23/01/08, 16:07 , Blogger São dixo...

Gostei.
Embora o português e o galego sejam gémeos, muita coisa houve que ...
Saúdos.

 
Ás 23/01/08, 22:20 , Blogger busto.agolada dixo...

Eu aprendín tamén onome de coella e a denominación de a cabra de morrás. Aquí dicimoslle curuxa simplemente. E as verzas pequenas nin sei se lle temos nomes. Plantamos verzas, coles, repolos e nesta época andamos a ver se collemos as nabizas, o mel dos nabos. Como choveu pouco parece que escasean.
Grazas por compartires ese galego raiano con Portugal que tanto nos enriquece.
Saúdos.

 
Ás 24/01/08, 03:31 , Anonymous Anónimo dixo...

eu tamén andei hoxe a improvisar debaixo dun limoeiro. Por falta de maestro o resultado deixa moito que desexar. Penso que seria moi didactica unha reportaxe gráfica das tuas andainas polo agro. Saúdos ao teu Leo,menino moi xeitoso

 
Ás 25/01/08, 02:07 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

A vida no campo é uma verdadeira escola.
Um abraço

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio