leoeosseus

Wednesday, February 13, 2008

Mimosas


Onte tiven que ir a Ourense e o camiño soleado estaba abeirado de mimosas florecidas. Son unha praga, xa sei, pero este amarelo de cedo aleda o corazón e máis se vén con boas novas engadidas.

Labels:

10 Comments:

At 2/13/2008 11:38 PM, Anonymous paidovento dixo...

Déixasnos intrigados. Xa contarás...

 
At 2/14/2008 12:12 AM, Blogger busto.agolada dixo...

Pois eu hoxe fun a Santiago eno val do Ulla a súa presenza dáballe cor á paisaxe agostada. Hai cousa de dúas horas fun á casa dun amigo e alí puiden deleitarme co recendo das que campaban nunha pola que sobresaía doi paraugueiro do portal.
Son fermosas, aínda que íncen de máis.
Unha aperta.

 
At 2/14/2008 9:22 AM, Blogger A Conxurada dixo...

Encántame esta época por como están os montes...todos amarelos.

 
At 2/14/2008 12:28 PM, Blogger Mer dixo...

Praga sí, oxalá tódalas pragas fosen así.
E logo que boas novas temos?
BKS

 
At 2/14/2008 6:07 PM, Blogger Ana dixo...

A ver, estamos todos na mesma...que boas novas son?

Non iras a ser papa de novo....

Bicos

 
At 2/14/2008 8:18 PM, Anonymous Paco Penas de Dorvisou dixo...

O leo agora xa precisa dunha irmá :-)
Ai Pedriño, non era mala nova para un día rebosante de amor coma hoxe.
En canto as mimosas entereime estes días que eran orixinarias de Australia, tampouco sabía que podían chegar a ser unha praga.
Apertas.

 
At 2/14/2008 9:19 PM, Anonymous Iria dixo...

Nótase que vostede non padece alerxias.

 
At 2/15/2008 6:19 PM, Blogger torredebabel dixo...

son fermosas. Non sabía que fosen unha praga pero iso non cambia o asunto: son fermosas.

 
At 2/16/2008 2:49 AM, Anonymous Anonymous dixo...

as mimosas son do máis evocador. lémbranme aos ramiños da infancia, aos arrecendos de tempos indelebles.
unha aperta
bea (toxomar)

 
At 2/23/2008 7:56 PM, Blogger Meiga en Alaska dixo...

Me encantan las mimosas, y hace tantísimos años que no las puedo disfrutar... Recuerdo llenar mi casa de ellas hace años, ese olor tan característico... abrir la puerta y sentir que se nos habia colado la primavera hasta dentro de casa...

Bicos

 

Post a Comment

<< Home