leoeosseus

martes, 29 de xaneiro de 2008

Conservando



Estas mañás invernais veñen cheas de néboas perigosas para a condución e con humidade que penetra nos corpos. Tamén son boas para facer fotos con aire fantasmagórico e misterioso. Na foto sae unha árbore que era coma un imán para o Leo que cada vez que pasabamos por ela, el non lle soltaba ollo. A foto é do inverno pasado e hoxe esa árbore non existe que foi talada por estar morta. Esta foto conserva esa árbore para o futuro igual que eu conservo e corrixo aquel blogo que tiña nos EEUU. O blogo era o Eu e os EEUU de Acedre e agora está corrixido e ordeado cronoloxicamente en Norte Carolina. Desfrútao que o meu traballiño me levou.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 30/01/08, 00:18 , Anonymous Anónimo dixo...

Moi boa a foto, parece sacada dunha peli de Harry Potter ("o salgueiro zoupador" ou algo semellante creo que lle chaman). Moi bo tamén o labor de ordenar o blogue USA. Ah! e os parabéns que me mandaches non chegan con atraso, que cando cumpro é o día 30, coma Castelao se vivise.

 
Ás 30/01/08, 00:52 , Anonymous Anónimo dixo...

Comparto ese gusto do Leo, as árbores mortas posuen unha pose hipnótica, retorta e viva, que fan pensar.

 
Ás 30/01/08, 05:48 , Blogger Arale Norimaki dixo...

Pois habera que botarlle un ollo a versión revisada, a ver se me inspiro para o futuro dos Chirimbowling...ainda que se sigo a un ritmo tan baixo de actualizacions dubido moito que faga falta ordenar nada ;)

 
Ás 30/01/08, 10:28 , Blogger Mer dixo...

uaaaaauuu! que foto máis fermosa!
É, polo tanto, outra expresión de NATUREZA MORTA, pero desta aínda podemos escoitar o eco dos latexos pasados.

 
Ás 30/01/08, 10:29 , Blogger Veloso dixo...

O blog Eueoseeuu foi un exitazo, un auténtico referente para todo o blogomillo. E este Leoeosseus leva o mesmo camiño.

 
Ás 30/01/08, 11:07 , Blogger vermella dixo...

Estou a revisar un libro de pintura de Castelao no que por certo hai tamén árbores secas,recoméndocho para o Leo vaille gustar............
A fotografía axudanos a gardar moitos recordos,parabéns pola túa sensibilidade.
bicos.

 
Ás 30/01/08, 21:48 , Blogger Berta Helena dixo...

É muito bonita a fotografia. O Leo tinha razão. Era uma memória para registar.

Um abraço.

 
Ás 31/01/08, 00:09 , Blogger Ana dixo...

Tétrica, me encanta!!
Hoxe non tuve tempo,pero maña daré un vistazo al otro blog teu.

Biquiños

 
Ás 31/01/08, 22:30 , Blogger torredebabel dixo...

lembrome perfectamente daquel blog porque lin cada un dos seus artigos ao longo do tempo. E tamén ao longo de varias semanas voltei á mesma foto de Colin sobre unha caixa ou maleta ata que este novo bolg xurdiu. Alégrame saber que hai unha nova versión para disfrutar! dalí ten que sair un libro!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio