leoeosseus

martes, 25 de setembro de 2007

Terceiro día de vendima

Onte foi o terceiro día de vendima para min e desta volta tocou o turno dos híbados que son uvas híbridas. Estas uvas resisten ben as pestes e os problemas climáticos e dan un viño dóce que non está mal de todo. Se comes a uva tés que botar a casca fóra que é mui dura. Este ano houbo menos que o ano pasado e así puidemos vendimar nun día San Benito, Correlos, Reghengo, Louriña, Suborribas, Martín Tomé, Purghadas, As Laxiñas, A Ínsua, Tumbalobos e o alto da Refontán.

Agora só queda a Treixadura ( que pon a barrigha dura ) e sae na foto de embaixo.
E como non todo vai ser vendima tamén cruzamos a ponte Manuel Fraga sobre o Miño e fomos a Melgaço, a uns catro quilómetros de Arbo. Demos unha voltiña pola vila ben cuidada de casiñas de pedra rodeadas pola muralla da foto de arriba e con vistas do val do Miño.
Desfrutamos dunhas cervexas baratas, das vistas e da diferenza dunha hora pegadiños á muralla.


Etiquetas: , ,

11 comentarios:

Ás 25/09/07, 22:44 , Anonymous Anónimo dixo...

como lle dades! ánimo!

 
Ás 25/09/07, 22:57 , Blogger Fada Branca dixo...

Menudo ritmo que levades, que mareo...

 
Ás 25/09/07, 23:02 , Blogger busto.agolada dixo...

Pois si que levas vendimado arreo. Mais é bo remedio curarse con cervexas en Melgaço. É unha vila que teño ganas de coñecer. Non sabía que tivese murallas.
Un saúdo afectuoso

 
Ás 25/09/07, 23:56 , Blogger TXARI dixo...

manuel fraga sempre unindo impossibles!!, que bonito saber que da uva sairá o vinho e por tanto das túas mans borracheras e borracheras...jajaja!!

 
Ás 26/09/07, 08:52 , Blogger Mario dixo...

Hai unha ponte Manuel Fraga?????(!!!!). Eu poríalle o nome a un barranco ou algo así, que lle pega máis.

 
Ás 26/09/07, 10:05 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois si que vos movedes, si. E ao Leíño como lle vai? Mañá está de aniversario, o primeiro. Xa nos contarás. ;)

 
Ás 26/09/07, 13:20 , Blogger Paco Penas dixo...

Como todos os recolledores de uvas deste país teñan as mesmas inquietudes que ti, ímos aviados...menos mal que este ano hai poucas uvas, verdade?
A ti non che chega con bebelo viño, tes a necesidade de coñecer e participar no proceso para fundirte coa terra e sentirte "inteiro"
Saúde e bons caldos, que tamén haberá quen disfrute deles, cos ollos pechados. hai xente para todo :-)

 
Ás 26/09/07, 14:33 , Blogger Unknown dixo...

Moito vendimades. Xa vexo que col calma e parades para cervecear. É o bo de ter pouca colleita ou pouco capital

 
Ás 26/09/07, 21:46 , Blogger paideleo dixo...

Si, hai unha ponte chamada Manuel Fraga que ten poucos anos.
O ritmo que levamos é o normal. Este ano hai poucas uvas e malas a metade así que hai que escoller.
Para tomar unha cervexa unha tardiña sempre hai tempo.

Graciñas polas vosas palabras e saúdos para todos.

 
Ás 26/09/07, 21:59 , Blogger Suso Lista dixo...

Coñezo esa zona. Preciosa pra descansar despois de unha boa vendimia. Saludos

 
Ás 27/09/07, 12:22 , Blogger La queue bleue dixo...

Melgazo est'a guai. N'os imos (ou iamos) bastante. 1 hora e inda alguns euros menos, hehe.
E metes-me saudades da vendima!!! parecer'a-che bonito! :P
[En efecto, nom 'e tanto, 'e o tempo normal, polo menos at'e onde eu sei ;)]

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio