Segundo día de vendima
Hoxe tocoume a segunda tanda de vendima 2007. Desta volta tocou vendimar uvas albariñas como as da foto. Estivemos en Correlos, Tumbalobos e Suborribas e apenas enchemos unhas doce caixas para a adega. As uvas estaban secas no cacho e poucas se aproveitaban. Este ano a cantidade é unha quinta parte do ano pasado que fora de récord. As videiras desta volta están case baleiras pero si que había vides novas con uvas. A primeira vez que dá uva unha videira ten que vendimala un home que se a vendima unha muller vólvese a videira aneira, ou sexa, dá uva ano si ano non. É unha cousa de vellos pero a xente aínda segue este costume supoño que por se ascaso !.
E así foi o segundo episodio. Gústame a vendima porque o campo revive con xente polas viñas que aparecen familias enteiras para axudar e coas parrafadas e os risos dos vendimadores e o traqueteo dos tractores. Tamén contribúe a paisaxe coa explosión de cores amarelas, vermellas, verdes, laranxas e castañas engrandecidas pola luz apagada do setembro de sombras longas.
Aínda quedan por vendimar as uvas de treixadura para a adega e o híbado para a casa. Pero iso será outro día.
Etiquetas: arbo, etnografia I, natureza I
12 comentarios:
Curioso iso das videiras novas, nunca o escoitara...
Por certo, eu sei dalgún ó que lle falta moi pouquiño para o seu primeiro cumple, non? Xa nos contarás!
Unha aperta!
tenche de gustar moito eso de bendimar
Mais uma crendice? Na minha terra se diz que quando estão pisando as uvas, não entra mulher no lagar.
Porque se ela estiver no seu periodo menstrual, o vinho vai ferver todos os meses até azedar. E pelo sim, pelo não, não entramos mesmo. Eu penso que é tudo uma crendice popular.
Um abraço e bom fim de semana
Non me gustan esas tradicions, que tentan perpetuar a sumisión eo desprecio, que ademais neste caso encerra o agravante de considerar as mulleres como seres malvados, impuros, bruxas que traen consigo enfermedade e malas colleitas; porque si se asume esto algún iluminado encenderá unha fogueira.
Ate fai pouco os furacans bautizabános soio con nomes de mulleres.
Boa vendimia
Unha das cousas que envidio das Rias Baixas, é a vendimia. A familia arredor das vides e de toda a cultura e cousas que a rodean.
A min a vendima gustaríame máis se no canto de acios houbese xa botellas colgando, etiquetadas e todo. Dá moito choio.
Totalmente dacordo con Paidovento, e que a vendima sempre tocaba cos últimos días de vacacións, e sempre tentabamos escaquearnos.
Ou sexa, que estás de traballo até as cellas. Seguro que o pasas moi ben.
Trouxen un Albariño a estas terras e ainda non o abrín. Se foi vendimado con tanto agarimo como ti lle pós, ten que estar boísimo
A vendima inaugura a etapa máis artística da natureza para min.
Este ano, o viño non vale nada, tal e como dis, as uvas están secas e ademáis son ben poucas.
Iso si, durante o ano deron o mesmo traballo que si foran gloria.
Na ribeira sacra din as previsións que a colleita non vai variar moito da doutros anos. Eso sí, a peste afectou de xeito diferente nas distintas subzonas e na miña non deixou moito... Aquí aínda non se vindimou moito, xa se comeza... eu irei as proximas duas fins de semana.
Animo desde a R.S.!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio