A interrede non ten que descansar
Esta imaxe fíxome gracia e póñoa aquí.
Polo día os saltóns chimpan, as herbas estalan e os paxariños abren o peteiro. Os insectos voadores dan a tabarra e a xente súa. Apetecen ensaladas e cafés con xeo. De noite cantan os grilos e se abren as fiestras.
Todo isto é o verán con calor e un motivo para abandonar o blogo aparte de vacacións e viaxes. Eu non teño vacacións e seguirei escribindo e visitando blogos e aprendendo cousas como a frase que lin: CAMBIO O DOBRE DO QUE SEI POLA METADE DO QUE ME FALTA POR SABER. Así tamén descubro fotos preciosas e actuais de Galicia e, por se fose pouco; a partir de hoxe seguirei a viaxe dunha parella arredor do mundo que me dan muita envexa. Isto da interrede é unha pasada.
Etiquetas: interrede, natureza I
4 comentarios:
Jajajaja! Boísimo!
Non é que os abandonemos... só que coa calor nos esquecemos de darlles de comer. Polo menos no meu caso ;)
Unha aperta!
e os que os temos famentos dende hai meses? :)
a calor o único que fai e que se deshidraten un chisco máis!
apertas e tentarei dar de comer o tamagochi :D
Pois eu tiña pensado tomarme vacacións de todo...a ver agora se non me remorde a conciencia :D Bicos!
Eu, aínda que non escribo moito, seguirei por aquí. Bonitos sitios os que descubriches.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio