leoeosseus

luns, 22 de outubro de 2007

Ignorancia con cartos



Cos cartos pódense conseguir muitas cousas e poder pero a cultura non vén automáticamente cos cartos.

Un exemplo de marulán pode ser o dono desta casa de boa feitura e que valeu os seus cartiños que foi cagala cando puxo o escudo do revés...E aínda andará todo gabacho mostrando o escudo !.

Etiquetas:

34 comentarios:

Ás 22/10/07, 23:44 , Anonymous Anónimo dixo...

Que coña!

¿Déixasma reproducir no meu blog (mencionando a fonte, por suposto)?

 
Ás 23/10/07, 00:26 , Anonymous Anónimo dixo...

Boh, non está tan mal. O coitado púxoo así porque semellaba unha ventá con arco de medio punto, coma as da igrexa parroquial.
Es un bo observador.

 
Ás 23/10/07, 01:01 , Blogger busto.agolada dixo...

É realmente unha cantada. E por riba todo o cableado eléctrico e telefónico, caixa incluída, facéndolle competencia ao escudo.

 
Ás 23/10/07, 01:30 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Na minha terra há um ditado que diz. Quem te manda a ti sapateiro tocar rabecão. Nesse caso parece-me que deram um rabecão ao sapateiro.
Um abraço

 
Ás 23/10/07, 08:38 , Blogger Mr Tichborne dixo...

puffff....
moi señorial, si, si...

 
Ás 23/10/07, 09:40 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Jajajaaja... paleto que é o personal! Igual é unha manifestación contra a burguesía...jajajaja!

 
Ás 23/10/07, 14:01 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Ou igual o puxeron inclinándose dende o tellado en lugar de facelo cunha escaleira e por iso o vían ben...

 
Ás 23/10/07, 16:05 , Blogger torredebabel dixo...

poucas cousas mais ridículas e tristes que alguén que quere ser máis do que é.

 
Ás 23/10/07, 16:12 , Blogger elfiña dos soños dixo...

Pobriño, un empanado da vida. Isto me recorda a Bush, cando visitou unha escola de primaria e, ensinuolle a unha rapariga un conto do reves...
kiños

 
Ás 23/10/07, 19:49 , Anonymous Anónimo dixo...

Digo eu...¿e se o home se trabucou o poñer o tellado?

 
Ás 23/10/07, 20:34 , Anonymous Anónimo dixo...

Parece un pouco incríble, pero bueno... o dito: patético.

 
Ás 23/10/07, 21:05 , Blogger Peke dixo...

Desde logo, luciuse.

 
Ás 23/10/07, 21:45 , Blogger mamiago dixo...

eu non me reiría da ignorancia da xente, ja,ja, era broma!(ou non)¿Estás seguro de que é rico? se cadra o pobre do home puxo unha pedra máis na casa, sen saber o valor que ten, porque si chegara a saber que era un escudo non o poría nun lugar tan raro... ¿non? o se cadra o pobre do que puxo as pedras non entendía nada...

 
Ás 23/10/07, 21:54 , Blogger mamiago dixo...

Segun abueloToño, se o escudo está en Galicia, pensa que pode ser de Castro, Feijoo e Pereira, ¿Alguén da máis?

 
Ás 23/10/07, 21:54 , Blogger mamiago dixo...

Meu pai quere saber onde quitaches a foto.

 
Ás 23/10/07, 22:11 , Blogger An dixo...

Dame a min que perdeu de ver o capitulo de barrio sesamo no que ensinaban...arriba e abaixo...por que...a cagada vese de lonxe :P paifocos

 
Ás 23/10/07, 23:15 , Blogger Fada Branca dixo...

Pobre ignorante. Que saiba que vou comezar unha pequena serie titulada "contos para Leo" para o mais peque de nos.

 
Ás 23/10/07, 23:31 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

FARTÁMONOS DE REIR

 
Ás 23/10/07, 23:41 , Anonymous Anónimo dixo...

está claro que onde non hai non se pode sacar!

 
Ás 23/10/07, 23:45 , Blogger Fada Branca dixo...

do que pode ser un intre?

 
Ás 24/10/07, 07:13 , Blogger Alexan dixo...

Estará todo farruco, ¡xa cheguei a ter un escudo! eo demáis soio teñen envexa pura e dura. Isto sucede cos novos millonarios que nadan na incultura.Como ti ben dis os cartos non traen a cultura.
Unha aperta

 
Ás 24/10/07, 08:56 , Blogger Fada Branca dixo...

Ay!! Desculpa, un intre e un rato. E que ando nas berzas

 
Ás 24/10/07, 11:38 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Primero;el escudo puede ser que no sea autentico.
viendolo del derecho;Trae como armas;1ºen campo de plata una cruz floreteada de gules;medio cortado, en campo de plata, seis roeles de azur;y 2ºen campo de gules,una espada de plata ,punta hacia arriba,acompañada de seis bezantes de oro,tres a cada lado

 
Ás 24/10/07, 11:51 , Blogger A Conxurada dixo...

A ignorancia non foxe cando chegan os cartos.

bicos

 
Ás 24/10/07, 11:57 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

GULES=ROJO
AZUR =AZUL
ROELES;PIEZA REDONDA QUE SIEMPRE ES DE COLOR
BEZANTES;PIEZA REDONDA Y LLANA QUE SOLAMENTE PUEDE SER DE METAL

Un saludo Antonio

 
Ás 24/10/07, 12:13 , Blogger vermella dixo...

Seguro que por riba puxo vigas de carballo que semellan antigas pero van tan ben ca pedra!!!!
Seguro que o canteiro non á galego.
saúdos e gracia s pola visita.

 
Ás 24/10/07, 12:38 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Aunque muy pocos lo hacen ,los colores en la piedra,se representan con signos.
Azur o Azul=lineas orizontales
Rojo o Gules= linias verticales
Oro=Puntos sembrados en el escudo
Plata=Liso

 
Ás 24/10/07, 12:41 , Blogger Mer dixo...

Os cartos só son iso, cartos cos que podes comprar só cousas materiais.
A riqueza inmaterial non está á venda porque non ten prezo.

 
Ás 24/10/07, 13:09 , Anonymous Anónimo dixo...

En Redondela, os que tradicionalmente tiñan cartos eran os mariñeiros e as peixeiras. De Cesantes a maioría. Por esa razón, foron os primeiros en montar cuartos de baño nas súas casas, pero ¿cal non sería a sorpresa de algún cando descubriu que usaban a bañeira para deitar as galiñas!

 
Ás 24/10/07, 17:26 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

Moi bo o detalle... menudo marulán o que puxo o escudo así.
Saúdos!

 
Ás 24/10/07, 20:51 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

E que algúns pensan que tendo cartos xa está todo feito, i os cartos so serven para mercar cousas pero cousas materiais, a cultura, a amizade, o amor, bon todo iso que é abstracto, pois non se pode mercar, cousa da que eu personalmente me alegro moito.
saúdos.

 
Ás 28/10/07, 16:32 , Anonymous Anónimo dixo...

En Betanzos houbo un que criou un porco na bañeira como conta o Míguez, e as galiñas no patio de luces... seguro que poñería tamén un blasón así porque no cortello de canteiría puxo unha porta de chapa metálica!

 
Ás 29/10/07, 07:49 , Blogger R.R. dixo...

Non sei se é mito -ten pinta-, pero por Cambados houbo un ó que prendeu a Garda civil por roubar un escudo ¡na praza de Fefiñáns! A excusa do tipo foi que ó pasar por baixo petou co tractor no arco no que estaba o escudo e caeulle no remolque, pero non se enterou(sería xordo e tería o cú insensible). Así que cando chegou á casa que estaba facendo, viuno, gustoulle, e púxoo.

 
Ás 29/10/07, 07:52 , Blogger R.R. dixo...

Seguindo o que di o viciño betanceiro: No Birloque, na Coruña, houbo tamén un burro criado nunha bañeira...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio