O encargado optimista
Hoxe descubrín que xa levaron a carretilla da vía do tren. Hai anos viña materia prima á fábrica en vagóns e a carretilla da foto era a encargada de remolcar os vagóns. O traballo foi a menos e a carretilla levaba cinco anos sen utilizarse... cinco anos !. Hai uns meses estaba co encargado que eu considero unha das persoas máis optimistas do mundo e apareceron uns homes para revisar a carretilla. Eu pregunteille ó encargado que facían eses homes e el dixo que ían levar a carretilla. Eu pregunteille se non ía usarse a vía nunca máis e el díxome: - Non, DE MOMENTO, non...Para min iso é optimismo.
Etiquetas: traballo I
13 comentarios:
Pois si que o é, pero quen sabe, igual co AVE...
Di Eva que en Castelo aínda seguen a utilizar o tren para cargar pezas grandes. A ver canto duran.
Ola. Para mín é a primeira vez que velo. Tampouco sei qué é...
Graciñas pola teu comentario no meu blog!
Saudos
Hai xente que é así, e non hai quen a cambie. E que duren moitos anos, que sen eles non facemos nada.
ese é o optimismo que ven salvando ao mundo benquerido paideleo. Ese mesmo que atopaches nel.
Tal e como anda o mundo, co de riba para baixo, aínda lle ha volver o tempo á carretilla.
Apertas
E uma pessoa optimista vive melhor a vida. Não sofre por antecipação.
Um abraço
Está moi ben ser optimista, sen chegar a ser un iluso. Hai quen di que un pesimista eche un optimista ben informado.
Un saúdo
Pois si señor, eche un optimista en toda regra, porque eu pensaría que á carretilla acabouselle a vida laboral.
Un saudiño.
Si señor, que sorte tes traballar con xente así.
Sabes que eu estou totalmente dacordo co optimismo do teu compañeiro ;-) Por certo, espero que podamos vernos esta fin de semana, tratade de non facer plans e xa chamarei coas novas. Bicos.
Hai moita xente que sempre ve a botella medio baleira...xa ia sendo hora de que haxa alguén que a ve medio chea.
Iso sI É optimismo, pero á vez é unha especie de muletilla moi utilizada, esa de "de momento"
Isto é como o da botella meio chea ou meio valeira. O resultado é o mesmo mais todo depende da forma que o mires
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio