leoeosseus

martes, 9 de outubro de 2007

Sorriso para a cámara e a canción de Don Gato




O Leo ri cando lle facemos unha foto con flash. É mirar a luceciña que avisa do flash e pon a cara da foto. Tamén ten muita curiosidade por todo e aquí sae tratando de adiviñar por que dá voltas a roupa dentro da lavadora.

Tamén lle gusta que lle canten e de exemplo poño a versión da avoaM da canción " del señor don Gato ", unha canción con máis de cen anos que parece que ten que ver con algún rei. Esta canción está extendida por toda sudamérica e a península ibérica. Aí a vai:

- " Estaba el señor don Gato sentadito en su tejado marramiau, miau, miau...sentadito en su tejado.

Y ha llegado la noticia que había de ser casado marramiau, miau, miau...con una gatita parda que quería los hijos pardos marramiau, miau, miau...y quería los hijos pardos.

Y el gato con la alegría cayó del tejado abajo marramiau, miau, miau...cayó del tejado abajo.

Rompió las siete costillas y la puntita del rabo marramiau, miau, miau...y la puntita del rabo.

Lo llevaron a enterrare a la plaza del pescado marramiau, miau, miau...a la plaza del pescado.

Los gatos iban cantando y los ratones saltando. Siete vidas tiene un gato marramiau, miau, miau...siete vidas tiene un gato. "

E isto é o que hai por hoxe.

Etiquetas: ,

17 comentarios:

Ás 10/10/07, 00:31 , Blogger emereci dixo...

jajajaja, esa cariña alégralle o día a calquera! mándolle ben bicos para o leo e para os seus.

 
Ás 10/10/07, 00:59 , Blogger mamiago dixo...

Xa sabe que lle sacas unha foto...

 
Ás 10/10/07, 02:22 , Blogger Paco Penas dixo...

Deseguro que cando chegas a casa e ollas ese sonriso desaparece o cansanzo do día inteiro.
Disfrutao como se foses un neno tamén:-)

 
Ás 10/10/07, 08:53 , Blogger A Conxurada dixo...

Ese neno ten un futuro prometedor, guapo, curioso e listo.

Un bico pa el.

 
Ás 10/10/07, 09:08 , Blogger Elianinha dixo...

Pa comelo!!!

 
Ás 10/10/07, 09:53 , Anonymous Anónimo dixo...

Que morea de dentes ten!

 
Ás 10/10/07, 11:32 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Ese sorriso pode con calquera cousa, eh! Vaia tesouro...

 
Ás 10/10/07, 13:11 , Blogger Hai Cada dixo...

Desde logo, non hai dúbida de que Leo é un neno feliz :). Non pense que iso sempre é así: meu sobriño estivo de morros ata que cumpriu ano e medio, máis ou menos. Cando empezou a falar, pasoulle é agora xa gozamos todos dun sorriso cheo de dentes.
Unha aperta.

 
Ás 10/10/07, 14:36 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que sorriso lindo tem seu bebé. Que seja curioso é normal. Aos poucos vai descobrindo o mundo, tudo é novo para ele.Muito bonita a letra do gato. Em Portugal as crianças cantam uma cantiga do gato que não tem nada a ver com essa.
Chama-se "Atirei o pau ao gato" e é a primeira canção que as crianças aprendem logo na creche.
Um grande abraço e o melhor do mundo para o leo e para os seus pais.

 
Ás 11/10/07, 11:44 , Blogger Veloso dixo...

Moi guapo e simpático este Leo. Por certo, non son moi bo para os parecidos, pero eu diría que se imita ao seu pai, o Paideleo antes coñecido por Acedre. Un saúdo.

 
Ás 11/10/07, 15:56 , Blogger crispress dixo...

Veloso, tes toda a razón, que eu podo dar fe de que teño visto esa cara moitas outras veces en moitos momentos bos...
Resulta ser esa unha das cancións que miña nai cantaba cando era pequena.

 
Ás 11/10/07, 19:31 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Ay este Leo! que ten engaiolado a todo o blogomillo coa seu sorriso.
Con respecto ao da lavadora direille que menos mal que agora as lavadoras non abren ata que remata o programa, se non xa lle había dicir eu, a que lle podía organizar o neno, e o digo por experiencia,
Un saudiño e bicos para Leo.

 
Ás 11/10/07, 20:19 , Blogger Fada Branca dixo...

hai por deus ke cousiña mais rica. Aledome de que lle gustara o conto

 
Ás 11/10/07, 22:09 , Blogger Alexan dixo...

ESTE FERMOSO POEMA DE MANUEL MARIA QUE TAMÉN FALA DUN GATO PARA QUE RECITARLLO A LEO:

Señor Gato
atención:
no rincon
hai un burato
no burato
está o rato
caladiño.
acochadiño
sin falar
nen respirar.
-Señor Gato
pon sentido
que metido
no burato
está o rato
-Señor Gato
está o rato
no buraco
do rincón:
¡ten nun puño
o corazón!

-eu non dudo
Señor Gato
bigotudo
que está o rato
no burato
Ten as unllas
afiadas
cravuñadas
preparadas
bule axiña
que sinón
Señor gato
bigotón ¡do burato
fuxe o rato!
Manuel Maria
OS SOÑOS NA GAIOLA (1968)
(versos pra nenos)

 
Ás 12/10/07, 01:02 , Blogger torredebabel dixo...

é fermoso!!!!! hai sorrisos que son simpáticos. Tamén os hai fermosos. Outros intentos. E tamén coñezo sorrisos engaiolantes. Este sorriso de Leo é todas esas cousas ao tempo. Parabens para os pais ;-))

 
Ás 12/10/07, 04:19 , Blogger Ignacio dixo...

Saúdos desde a cidade do vento, onde fai un frío do carallo.

Fermoso fillo e curioso blog!

:)

 
Ás 12/10/07, 16:06 , Blogger a.ma dixo...

Xeitoso pequecho!ese sorriso contaxia!
Saúdos desde Barcelona dunha que tamén sorriu nada máis ver a foto!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio