leoeosseus

luns, 1 de outubro de 2007

O Barqueiriño



Para rematar co tema da vendima vou falar do Barqueiriño. O outro día estaba a vendimar e oín uns berros por un camiño. Preguntei ó avóM quen era e díxome: Boh, ese é o maluco do Barqueiriño. O tal home terá uns sesenta anos, ten melea alborotada coma un león, uns ollos claros como auga, dentes ben conservados para a mala vida que leva, un vozarrón profundo e riso tolo e unhas mans coma gadoupas. Conduce un tractor pequeno coma un tolo de pé e berrando. Dorme nunha casiña en permanente construción, cando non dorme polas veigas adiante. Tamén ten un can e un cabalo cun chocallo para intentar asustar ó porco bravo que lle entra nas veigas de millo...Vamos, que é unha personaxe. E eu quería saber máis del. Preguntei a que se adicaba e díxome o avóM que tamén era o millor videirista da contorna. E explicoume. Cando as viñas agroman o Barqueiriño xa as ten percorridas todas e cun saber case bruxo sabe cal será forte e cal non o será. El " ficha " os gromos, cando medran córtaos e plántaos para que enraícen en viveiros como o da foto, cúidaos con mimo e logo vende os bacelos cando teñen medio metro ou así. Enxértaos e eses non fallan, van arriba.

Por iso que o Barqueiriño será un maluco pero fai do oficio de videirista unha arte e unha forma de vivir totalmente integrada coa natureza.

Etiquetas: , ,

10 comentarios:

Ás 02/10/07, 10:45 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Que personaxe! Eu penso que en todas as aldeas ou comarcas hai alguén así. Na miña tamén. Cando falten levarán consigo tantos saberes e tan bo entendemento coa natureza que notaremos o seu oco.
Un pracer coñecelo.

 
Ás 02/10/07, 11:23 , Anonymous Anónimo dixo...

Desde logo coñeces personaxes ben curiosos.

 
Ás 02/10/07, 15:43 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Em tempos o meu pai tinha também essa arte de podar as vinhas, mas também podava macieiras, pereiras e roseiras. Hoje com 90 anos já não faz nada disso.
Um abraço

 
Ás 02/10/07, 19:06 , Blogger Pau dixo...

Lamentablemente cada vez quedan menos mestres como a personaxe ista. Quizas seña un tipo raro pero polo que nos contas alberga unha gran sabiduría.

 
Ás 02/10/07, 19:14 , Blogger Fada Branca dixo...

Tipiño curioso

 
Ás 02/10/07, 21:40 , Anonymous Anónimo dixo...

Ai Paideleo, dá gusto ler as historias que contas, son para escribir un libro, de verdade!!! Sempre aprendemos algo...
Apretas aos tres!!!

 
Ás 03/10/07, 01:00 , Anonymous Anónimo dixo...

Polo que parece, a vendima dá para moito máis que cortar uvas e aturar as abellas. Non si?

 
Ás 03/10/07, 10:38 , Anonymous Anónimo dixo...

Ese veciño é o que nos EEUU chaman un hillbilly ou un redneck ¿non si? Pero en galego.

 
Ás 03/10/07, 13:30 , Blogger Unknown dixo...

Non e doado atopar un videirista que funcione. Mercas as cepas, os inxertos ou as puas a algunhas saen mal se saen. A veces pensas que estas poñendo treixadura e sae loureira. (cando non palomino) Un lio.

 
Ás 03/10/07, 17:54 , Blogger rosa enriquez dixo...

En todas as aldeas hai algún tipo curioso que chama a atención por algo. A min encántnme este tipo de persoas porque dan color e sal á vida¡ ( aclaración: non confundir curiosos, distintos ou freaks con pirados. Estes non me atraen nada, con todos os meus respectos)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio