leoeosseus

xoves, 11 de outubro de 2007

Algunhas palabriñas aprendidas no traballo



Xa sei que é case pecado falar de traballo ás portas dunha fin de semana longa pero teño que referirme a el para anotar unhas palabras antes de que as esqueza. Xa hai un tempiño descubrín aos carretilleiros falando dunhas bateas pero estamos algo lonxe do mar para que falen desas da foto así que preguntei e descubrín que lle chaman así aos palés onde van os sacos. Tamén descubrín onte mesmo a expresión de " estar na coca " que a oín dicir referida a un home que esperaba a que estivese a punto de dar o premio a máquina tragacartos do bar para botar el a moeda e gañar o premio. " Estar na coca " viría a ser " estar á espreita " ou algo semellante. Non sei a orixe que pode ter pero non creo que teña que ver nada coa droga. Aparte tamén aprendín como lle chaman aos coches sen carné pola zona de Tui. Teñen o nome humorístico de " pinico ". Eu xa sabía o nome de " lavadora " empregado por terras de Suso Lista pero chamarlle ouriñal paréceme máis simpático.

E agora xa non falo máis do traballo. Desfrutai destes días.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 12/10/07, 12:07 , Blogger Raposo dixo...

Habería que facer un listado de todas estas expresións locais, que son ben interesantes.

 
Ás 12/10/07, 14:09 , Anonymous Anónimo dixo...

Cheguei tarde para o de Leo, encantame a cara que pon, encantame esa foto, que sorte tedes, parece que o de cumprir un ano sentoulle moi ben, eses dentiños...dan ganas de comelo a bicos.
Cuidadevos moito.
Biquiños e apertas.

 
Ás 12/10/07, 21:37 , Blogger Torreira dixo...

Pasa un bo finde pai,ese Leo pinta moi ben.Aperta

 
Ás 12/10/07, 22:28 , Blogger Pau dixo...

Non estaría mal eso de facer un listado coas expresions locais.
Espero que o Leo adquira co tempo o amor hacia a Terra que ti nos amosas nos teus blogs.

 
Ás 12/10/07, 23:14 , Blogger R. A. dixo...

Veño de descubrir este blog que prometo visitar máis veces. Gústoume moito este texto con expresións tan localizadas xeográficamente... Eu tamén voto por tentar algunha recopilación.
Noraboa polo blog e por Leo.

 
Ás 12/10/07, 23:43 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu teño oido chamarlle "puturru de fua". Non sei se terá algo cun grupo que se chama Puturru de Fuá. O mellor o de puturru e polo son do motor.

 
Ás 12/10/07, 23:53 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Estar á coca é issi mesmo estar á espreita, do dicionário português:
cocar(ô)v. espreitar, observar.
Um abraço e bom fim de semana

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio