Big bag

No traballo hai unhas sacas enormes de mil quilos. Chámanlles " big bag " en vez de chamarlles sacas grandes. Non sei porque teñen o nome en inglés se a xente descoñece o significado nin sabe como pronuncialo. Óese " bicbac " por aquí, " biobá " por alá, " bijbaj " por acolá e ata eu digo " binbán " de broma.
No inglés teñen un problema parecido coas palabras foráneas e así un barrio de Londres chámase " elephant and castle " ( na foto ) en honor a unha muller que era " la infanta de Castilla ". Pero eu ademáis coñecín persoalmente un caso parecido cando facía sanduiches en Londres no " Pret a Manger ". Un ingrediente dos bocatas veganos era a alfalfa que viña de España. Os ingleses na súa vida sentiran falar de tal ingrediente e etiquetaban os paquetes escribindo " alfa alfa "...Supoño que así parecería un ingrediente máis nutritivo. Enfin...
Labels: lingua I, traballo I


17 Comments:
E ha de ser constante mundial... non me tenho metido en lios por non entender o que me dician os guiris...ate rematei por dicir eu "paila" por aforrarme o de explicar que era "paella"... en fins...
Ha, ha, ha. O de alfa alfa está boísimo.
éche como o de "Capetón", querido pai.
Un saúdo.
Gracioso e interesante. O alfa alfa debe de ser o antecedente do bifidus
Na vida da Mariña Mercante, o ingles utilizado, era ademais de moiu corto, suficiente pra andar polo mundo enteiro.Saber decir focki, leidi , bar e bierr,abríache moitas portas.
Todo o que escribo é da miña colleita teño cousas escritas desde o ano 1992 A. Cris
hahaha moito rin! aqui temos iso mesmo pero co portugués: as relacións co Brasil fixeron que moitos tiveran ou desexaran aprender a falar a lingua, e tamen fixeron que outros pensaran que se pode falar sen aprendela. Non sabedes as cousas que se poden escoitar pola rúa!! de xente que pensa que está a falar en portugues e que non sae do máis espantoso portuñol. Co inglés xa non pasa porque estamos completamente colonizados e case o fala mesmo quen nunca o aprendeu formalmente...
que em todas as culturas cócen-se fabas...nalgumha máis que noutras...a verdade!
Fixome gracia o de alfa alfa...
Unha aperta.
:)
Que bo! Aínda rin un pouco lendo o do bigbag e o elefante. Conta o meu pai, de cando traballaba en Spar, que aos Corn Flakes lles chamaban Cornos Flacos. Un saúdo.
Moi divertido e interesante. Saúdos
Nin big bag, nin binbán. O que son é unhas sacas do carallo.
Moi bo. Lémbrame expresións do tipo "nadar na ambulancia", "estar de caspa caída", "entre a espalda e a parede" e cousas así.
Moi curioso o do "elephant and castle", cousas dos idiomas. Unha amiga falábame de como un coñecido irlandés termaba en adaptar frases feitas...a súa favorita era "irse ao sobre" pero xa vos podedes imaxinar como quedaba co sotaque e o envelope de por medio. Saúdos!
Sen ir máis lonxe, eu que ando totalmente aparvada últimamente, con moito traballo pero tamén con moitas cousas que desexo facer, non ía poñer nada neste post pero hoxe pasoume unha cousa, dinme conta de que Chousa da Alcandra se chama así, levo semanas mentalmente lendo Chousa de Calandra. Acabo de lelo como se le.
Supoño que isto ten algo que ver con aquel post "velocidade" de mueja.
Encántame a foto, lembroume á peli do "Moulin Rouge", asi que este post resultoume moi curioso. Por certo, hoxe meus novos alumnos cometeron un erro moi simpático por mor dunha palabra en francés que se usa en Inglés para dicir menú do día, dise Table d'hôte á francesa, e en vez diso dixeron Carte d'or... Vése ben que xa estamos no Nadal.
情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣,情趣,情趣,情趣,情趣,情趣,情趣用品,情趣用品,情趣,情趣,A片,A片,情色,A片,A片,情色,A片,A片,情趣用品,A片,情趣用品,A片,情趣用品,a片,情趣用品
A片,A片,AV女優,色情,成人,做愛,情色,AIO,視訊聊天室,SEX,聊天室,自拍,AV,情色,成人,情色,aio,sex,成人,情色
免費A片,美女視訊,情色交友,免費AV,色情網站,辣妹視訊,美女交友,色情影片,成人影片,成人網站,H漫,18成人,成人圖片,成人漫畫,情色網,日本A片,免費A片下載,性愛
情色文學,色情A片,A片下載,色情遊戲,色情影片,色情聊天室,情色電影,免費視訊,免費視訊聊天,免費視訊聊天室,一葉情貼圖片區,情色視訊,免費成人影片,視訊交友,視訊聊天,言情小說,愛情小說,AV片,A漫,AVDVD,情色論壇,視訊美女,AV成人網,成人交友,成人電影,成人貼圖,成人小說,成人文章,成人圖片區,成人遊戲,愛情公寓,情色貼圖,色情小說,情色小說,成人論壇
A片,A片,A片下載,做愛,成人電影,.18成人,日本A片,情色小說,情色電影,成人影城,自拍,情色論壇,成人論壇,情色貼圖,情色,免費A片,成人,成人網站,成人圖片,AV女優,成人光碟,色情,色情影片,免費A片下載,SEX,AV,色情網站,本土自拍,性愛,成人影片,情色文學,成人文章,成人圖片區,成人貼圖
Post a Comment
<< Home