leoeosseus

martes, 13 de novembro de 2007

Obelix no choio


No choio hai un camioneiro que semella ser Obelix. É grande e forte e gasta bigote. Aguanta o frío e levanta os sacos cun suspiro. Gústalle falar e fai comparacións simpáticas como chamarlle gharroucha ó camión ( gharroucha é unha especie de guindastre de obra para levantar pedras ). O tal home non caiu de pequeno dentro dunha marmita de poción máxica senón que deixou de fumar e de ser un asubío con bigote pasou a ser un Obelix que aguanta o frío destes días.
Mañá voltarei velo e imaxinarei que estou nunha aldea gala, os romanos seguirán estando tolos e eu seguirei sendo amigo de Obelix... Por sorte para min.

Etiquetas: ,

11 comentarios:

Ás 14/11/07, 16:54 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

É curioso; por Santiago anda un homiño moi benquerido por moitos, deses persoeiros que ten toda cidade, a quen alcuman "O Chapela". Dende sempre se me pareceu moito a Asterix. Igual podiamos facerlles unha cita a cegas, a ver o que xorde.

 
Ás 14/11/07, 20:22 , Blogger Fada Branca dixo...

Curioso personaxe a verdade

 
Ás 14/11/07, 21:21 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Xa temos a Obélix e ó Asterix. Quen se apunta para Panoramix?

 
Ás 14/11/07, 21:41 , Blogger Mer dixo...

Se aparecese Panoramix que faga a poción, que faga a poción,...

 
Ás 15/11/07, 00:41 , Blogger mamiago dixo...

sí, eu quero un pouco de poción...

 
Ás 15/11/07, 08:53 , Anonymous Anónimo dixo...

É verdade que o Chapela se parece a Asterix non caera na conta, je, je...

O de deixar de fumar si que engorda si, dou fe (11 quilos en 3 meses), pero estes días hai 4 anos que o deixei e foi unha grade satisfacción. Ás veces para consolarme soño que fumo (o malo é que no soño síntome culpable por facelo).

E de Asterix e Obelix, que dicir!!! Forman parte da miña infancia, penso que como da de moitos...Sempre me estusiasmaron...

 
Ás 15/11/07, 11:42 , Anonymous Anónimo dixo...

Obélix, si, un gran tipo entenrecedor.

 
Ás 15/11/07, 13:04 , Blogger Alexan dixo...

Este camionero "Afrancesado" non é.
Tenme toda a pinta de ser dom País. Si anda co guindastre para erguer pedras, recomendalle que faga unn curso acelerado en Euzkadi, para que as levante cas mans.
Unha aperta

 
Ás 15/11/07, 17:29 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

non pense que non me lembro do seu encargo. a piques está de ser publicado.

 
Ás 15/11/07, 19:31 , Blogger busto.agolada dixo...

Cun Obélix así no traballo de seguro que vos aforra aos demais uns cantos esforzos.
A min gústame a inxenuidade e a forza de Obélix, pero non o seu volume nin o seu bigote excesivo. Probablemente o teu camioneiro non sexa tan hiperbólico en ningún sentido. Saúde para todos.
Saúdos.

 
Ás 15/11/07, 21:10 , Blogger Pau dixo...

Sempre se encontra un con xente moi peculiar na vida.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio