Papapapapapa
O Leo xa leva algúns días dicindo " mamamama " cando mira a Ana pero hoxe sorprendeume cando entrei pola porta da casa e agatañou cara a min dicindo " papapapapapa ".
Non sei que dicir. Gustoume.
Etiquetas: leo II
O Leo xa leva algúns días dicindo " mamamama " cando mira a Ana pero hoxe sorprendeume cando entrei pola porta da casa e agatañou cara a min dicindo " papapapapapa ".
Non sei que dicir. Gustoume.
Etiquetas: leo II
33 comentarios:
preciosa foto!
Graciñas.
A foto xa é un pouco "antiga". Terá uns quince días xa.
Dicir pouco dixeches pero seguro que a satisfacción excedíache por fóra da camiseta.
Ao Leo vaille gustar a foto camdo a mire con máis anos. A min tyamén me gustou.
Saúdos.
pois noraboa! que espelido!
non é coma o rabudo do meu sobriño, que o primeiro que aprendeu é "nonononono!!"
Uffff, só de pensalo caeme a baba :)))).
Unha aperta.
Como non! Outro momento para non esquecer. As veces dicimos pensando nos nenos: ¿Cómo poidemos estar tanto tempo sen eles?
Estades os dous ben guapos.
Parabens para Leo por tantos adiantos da gloria velo.
Unha aperta grande para os tres.
:)
Parecédesvos moito! Como ten que ser de emocionante que a un lle chamen "papa"...
bicos
Que emoção não amigo. Parece que alguma coisa rebenta dentro do peito. Dá até vontade de chorar.
Só quem nunca foi pai ou mãe não entende.
O Leo está cada dia mais bonito.
Um abraço
Emocionante, non? ;)
Que cousiña! E que rápido empeza a falar, eh? Tes que estar máis que orgulloso. Un momento para non esquecer, gracias por compartilo
Vas ter que mercar un babeiro ben grande... non, para o Leo non, para ti jejeje.
¡Ai que neno tan bonitiño!
un saúdo.
Si, sempre din primeiro mamá, para dicir papá xa teñen que falar un pouco máis :-)
Pois agora xa sabes, vaite preparando, que este rapaz se ten a mesma curiosidade polas cousas que o pai, cando escomence a preguntar non vai parar.
Apertas e bicos para os dous.
Eu creo que o que queria decir era que lle deses " a papapaga"
Linda foto
Menuda panda pra ir de verbenas polo mundo adiante, je je. Ídelas levar de calle as nenas todas. Vas ter que poñer tí o babeiro.
Non si a emoción ea tenrura, xa se ve na foto .
Unha aperta
que neno máis lindo o teu!
Facía moito que non "viaxaba" polos blogs..e púxenme ao dia cos teus posts nun ratiño, encantoume o dos recordos da aldea porque eu tamén teño grabado a ferro os meus na miña aldea, durmindo cos meus primos nesas camas cos colchóns afundidos e tantas aventuras, eu intento repetir esperiencias indo de turismo rural...pero non che é o mismo, e a espalda xa se resinte nas camas incómodas..
jeje
un bico!
Que emoción!! Son testigo de que o rapaz xa se comunica verbalmente, o outro dia collinlle un dos seus libros e deseguido me fixo saber que era seu cun "eeeoooo". O rapaz xa sabe o valor que teñen os libros, estou segura.
en poucas palabrs que tremenda ledicia mostras, noraboa
Penso como Pau: eu creo que xa che pide a paga.
que un melindre pequerrecho ande xa a dicir papá.... ¿como facer para que non caia a baba?
Grazas polo teu comentario do meme, gora espero a tua sincera opinón do post que colguei onte venres. Grazas
Ese orjulloso pai.Apertas e parabéns
e non che había gustar!!!!
que cousa máis bonita pode haber?
noraboa!,ben bonita a foto.
saúdos.
Un consello: habitúate a levar panos á man; se non as babas...
Pois eu pensaba que dicían antes "papá" ca "mamá". Gustaríame verche a cara cando o dixo.
que fermoso, que fermoso! eu non lembro cando foi que Santi me dixo mamamama pero si lembro perfectamente a primeira vez que sorriu. Foi un sorriso fermoso, como non vin outro na miña vida, e foi para min.
caevos a baba a os dous!!!!!, debeu de ser moi emotivo,...
Si é que cando se soltan e se deciden a dicilo... Flavia xa pasou a dicir Papi, ademáis de Papá, así que xa podes imaxinar como se me cae a baba.
Que emoción, non é?
Estades ben guapos os dous!!!
MOitas apretas!!!
Non son quen de imaxinar o que se pode sentir ao ver que o teu fillo lle pon nome a iso tan grande que es ti para el.
Meta o momento na maleta das cousas boas.
Saúdos a toda a familia.
Éche ben grande meu, podes estar ben orgulloso, noraboa papapapapa :D Saudos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio