leoeosseus

martes, 6 de novembro de 2007

San Cucao



Sempre aparecen misterios que non son doados de aclarar como esta escaleira nun penedo de Arbo que non se sabe de onde vén e a onde vai.

Outros misterios teñen explicación. Só hai que buscarlla. Como o misterio dos camións asturianos de San Cucao. Eu pensaba: San Cucao, San Cucao, quen é San Cucao ?. Pois parei a averigualo e souben que era san Cucufate pero en asturianu. En catalán ten un nome bastante coñecido: san Cugat. Pero en galego ten un nome que nin soa a galego: Covade ou Cobad. E non estou inventando nada que sae na wikipedia. O que pasou ese home foi muitas torturas pero saía ben delas e ó final tiveron que cortarlle o gañote. Este santo é bo para topar cousas perdidas.

Etiquetas:

8 comentarios:

Ás 06/11/07, 23:17 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Xa teño preparado o do oito, publicarase o 12 de novembro que é o meu 58 aniversario
A.Cris

 
Ás 06/11/07, 23:56 , Blogger Mr Tichborne dixo...

San Cucao é un lugar, hoxe polígono industrial, en Llanera, moi preto de Oviedo (en asturián, Uviéu), onde vivía eu. O de Covade na vida o oín.
Como curiosidade, no Conceyu de Llanera hai un Lugo e un Coruño (en masculino).
O das 8 xa está respondido.

 
Ás 07/11/07, 07:35 , Blogger Alexan dixo...

Santos, beatos, o Santo pai co seu exercito subvencionado de cardenais, bispos, curas con remedios para atopar todo tipo de cousas desde a felicidade, saude diñeiro pero a humanidade segue o mesmo.
Un saúdo

 
Ás 07/11/07, 13:49 , Blogger Veloso dixo...

Pero iso pásalle a todas as escaleiras do mundo, perfectas metáforas da inutilidade. Ou do misterio. Ou da aventura. Un saúdo dende a mañá soleada.

 
Ás 07/11/07, 15:33 , Blogger Fada Branca dixo...

é incrible, pensar o porqué desa escaleira que leva a ningures. Moi curioso

 
Ás 07/11/07, 17:34 , Blogger Paz Zeltia dixo...

San Cucufate o San Cucufato que también así lo he oído, no es ese santo al que se le atan los cojones? (metafóricamente haciéndo un nudo en un pañuelo). "San Cucufato, San Cucufato, o me aparece o no te los desato", nudo al pañuelo y a esperar que a San Cucufato se le hinchen los güevos. O nome en galego non o sentin nunca... pero bueh, de santos tampouco che entendo moito...

 
Ás 07/11/07, 19:44 , Blogger Hai Cada dixo...

Eu paso o día a perder cousas... pero dubido que a estas alturas me axude ningún santo :D.
Unha aperta.

 
Ás 08/11/07, 21:08 , Blogger Paco Penas dixo...

Jeje, está moi ben a historia do santo.Ás veces non está demais recurrir a forza para que fagan milagres...
Eu vou probar co chantaxe emocional :-)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio