leoeosseus

luns, 3 de decembro de 2007

Lotaría de Nadal



O outro día estivemos falando da lotaría e os seus premios e a ilusión que trae consigo. Eu non xogo a nada de quinielas, nin ONCE, nin lotarías, nin primitivas, nin bonoloto, nin nada. A única excepción que fago é cando é a lotaría do Nadal. Entón si que merco participacións sen muita confianza en que toque porque sei que vou morrer pobre de cartos. Hai xente que se pon triste se non lle toca un premio pero eu penso que o premio máis grande que podemos ter é o de que nos sobren cartos para mercar lotaría... O resto sobra.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 04/12/07, 00:01 , Blogger busto.agolada dixo...

Coincido plenamente contigo: Só xogo polo Nadal e menuda sorte é poder xogar!
Saúdos

 
Ás 04/12/07, 00:59 , Blogger torredebabel dixo...

tes toda a razón, paideleo! ten sorte quen ten con que xogar. E tan sorte quen non cae na trampa do xogo, que sair diso é tan dificil como sair de todas as adicciones.

 
Ás 04/12/07, 01:47 , Blogger Paco Penas dixo...

Pois eu non xogo mais non perdo a espranza de que me toque. Esto sí que é a lotería da ilusión, ter fé...
¡Sorte Pedriño! ti non cambiarías cos cartos nen sen eles, serías o mesmo, estou seguro.

 
Ás 04/12/07, 02:00 , Blogger elfiña dos soños dixo...

sorte no sorteo. cmo din os meus maiores aasi sea as pedreas polo menos que volva o diñeiro dos folletos.kiños

 
Ás 04/12/07, 10:26 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu tamén xogo no Nadal, máis que nada por tradición, porque tocar só me tocou unha vez a devolución.

 
Ás 04/12/07, 13:02 , Anonymous Anónimo dixo...

Moitas veces penso o que faría se me tocase unha desas primitivas de centos de millóns. O curioso é que nunca xogo.

¡Bo día!

 
Ás 04/12/07, 14:14 , Blogger El Vizconde Valmont dixo...

Saudos dun que tamen estivo por Londres facendo bocatas, concretamente no Deli Bar, viciño a estación de farringdon.
pÁsame o mesmo coas loterias, pero estoulle pillando o gusto as quinielas.

 
Ás 04/12/07, 17:48 , Blogger Suso Lista dixo...

Casi me vas convencer de mercar lotaria.

 
Ás 04/12/07, 18:13 , Blogger Fada Branca dixo...

pois a verdade e que tes toda a razón, mais vale ter de sobra para poder mercar loteria

 
Ás 05/12/07, 18:08 , Blogger crispress dixo...

Pois vale , pero que toque, que no Nadal se pode quitar tallada. Sorte!!! Seguro que entre todos os que escribimos podemos facer un meigallo dixital e quen sabe...

 
Ás 05/12/07, 21:33 , Blogger Pau dixo...

Totalmete de acordo contigo

 
Ás 09/12/07, 02:54 , Anonymous Anónimo dixo...

Se a razón se medise en quilos, habías ser ben pesado.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio