leoeosseus

xoves, 27 de decembro de 2007

Quince meses

O Leo fixo hoxe os quince meses. Camiña solto sen grandes problemas pero aínda non fala. Segue cos seus oito dentes pero ten moas a punto de sairen coas enxivas inflamadas. Antes, cando lle nacían as moas ao bebé as nais púñanse de luito da dor que sentían os nenos. O Leo hai veces que mete as mans a fondo na boca e muitas veces non come ou dorme mal e precisa que o " aghalimen ", como din por Arbo; que o collan no colo ben apretadiño contra o corpo. Xoga ó coito ( como lle chamaba eu de pequeno a xogar ao " escondite " ) pero non sabe e achántase no mesmo lugar sempre. Tamén gusta de imitar á xente e unha imitación que nos fai gracia é a de falar polo móvil. O Leo colle o móvil de calquera xeito e arrímao á orella e fala no seu idioma extraterrestre, como di o seu curmán D. No vídeo pódese ver a imitación.

E iso é todo. Estes días ando liado e case non podo postear.

E finalizo cunha nota de carácter social e unha das razóns polas que non me gusta o fútbol; hoxe " desfrutamos " en Vigo da afección galega de fútbol ocupando a rúa e queimando contedores de lixo.

Ata a próxima.

Etiquetas: , ,

8 comentarios:

Ás 27/12/07, 22:52 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

con un ano andante , con dous falante

 
Ás 28/12/07, 10:42 , Blogger Mer dixo...

Parabéns ao Leo e QUE CUMPRA MOITOS MÁIS.

Con isto das festas todos estamos un pouquechiño afastados da nosa actividade bloguera, cántas cousas para contar á volta.

Bicos e FELIZ ANO

 
Ás 28/12/07, 12:55 , Anonymous Anónimo dixo...

Buen día, pasando para traer actualizado la lectura después de los partidos, espero que todo en la paz del dios ha funcionado su Navidad. Vengo hoy hacer una invitación de leer un homenaje pequeño que le hice en nuestro árbol de amigos, soy singela, pero estaba de corazón. Creo el verdadero sensible de la palabra AMIGO, por lo tanto tener amigos debe ser feliz. ¡La criatura viva rodeada para la gente como usted, por lo tanto para vivir así debe ser feliz! Soy parte de la vida de eso que creen que está ayer más allá, son mañana futuros y es un regalo, por lo tanto llamado presente y cree hoy la fuerza del amor, cree que para una historia bonita no tiene punto final. Muy obligado para su amistad, tiene un 2008 repleto de realizaciones y con mucha salud y paz. Abraços del amigo.

 
Ás 28/12/07, 13:07 , Blogger Raposo dixo...

Vaia, vaia, así que fostes vos os que me queimastes o contedor, eh!

 
Ás 28/12/07, 17:04 , Blogger Unknown dixo...

Quince meses... case nada! Leo vai camiñar moito moito en todos os meses que lle van ir chegando.

Parabens.

 
Ás 28/12/07, 17:52 , Blogger torredebabel dixo...

semella increible que pasara asi de rápido o tempo!!!! noraboa para Leo e sáelle moi ben o de imitar aos pais aos nenos deste tempo.

 
Ás 30/12/07, 20:47 , Blogger Lúa dixo...

ale!!!!!como medran.....bicos

 
Ás 01/01/08, 23:59 , Anonymous Anónimo dixo...

Os queima-contedores son unha pequena parte do total. En xeral, todo o mundo gozou sanamente do espectáculo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio