Reis magos VS Papa Noel
Non sei se é impresión miña ou non pero semella que este ano hai menos Papa Noeles agabeando polas fachadas das casas e ata hai en troques algúns Reis Magos coma os da foto. No centro comercial os comercios desexan Merry Christmas e a megafonía pon panxoliñas andaluzas e anglosaxonas e un mínimo de panxoliñas galegas. Nunha xoguetería de urxencias oín unha conversa entre unha señora e unha nena.
Señora: - A quen pediches os regalos, a Papa Noel ou aos Reis Magos ?.
Nena: - Aos Reis Magos, claro.
S.: - E por que ?.
N.: - Porque teñen máis cartos.
S.: - E por que teñen máis cartos ?.
N.: - Pois porque son reis.
Sabedoría infantil.
Etiquetas: curiosidades I, etnografia I
14 comentarios:
Eu neste senso sempre che fun moi monárquico...
Sabedoría infantil e sentido común.
Si señor.
Si señor, rapaza intelixente.
jajaja, mira para a rapaza, non tiña un pelo de tonta, e se xuntamos que a parte de reis son tres, e o gordo vermello só é un...jeje.
Un biquiño para leo, e unha aperta para o pai.
Eu sempre fun dos reis. (so destes reis) O do papa noel veu despois e xa era tarde para mín.
Os nenos son listos, máis ca nos.
Boa saída a da nena, si señor.
Cando era nena, naquela lonxana época, pedíamos aos reis máxicos. Relixión católica obrigatoria na escola: ¿ quen foi a Belén guiado por unha estrela?
Anos despois e tras moitas cocacolas co velliño debuxado na etiqueta, pelis de tarde de domingo con santa claus de prota e máis tempo nas vacacións do Nadal para desfrutar dos xoguetes, os rapaces de hoxe en día prefiren a papá noel, na súa maoiría.
***
eu vou pedir ás pupieiriñas, danme máis confianza.
Será que me criei con eles, pero eu prefiro aos reis, malia non seren nada monárquica...En calquera caso agardo que vos traian moita felicidade!
A min o Papá Noel nunca me dixo nada. Ás miñas fillas éralles máis eficaz o papá Ma-Noel coa axuda dos Reis Magos.
Porei no meu blog algúns Reis Magos moi especiais aquí en Agolada. Namentres, moitos saúdos e que os Reis, que son tres, lle traian ao Leo canseu regalo.
Esta é unha das contradicions da miña vida,republicana pero dos Reis Magos ate a médula.Cando reamos pequenos papa noel non existía e así conteillo ós meus fillos,o ano pasado o pequeno díxome: non viña por culpa de Franco pero agora xa pode!!!
Saúdos e bico para ese monequño que tedes.
eu descubrín hai nada o olentzero vasco. seguro que foi un home entrañable. nas rúas, penden moitos olentzeros das fiestras. ata nisto son especiais
INFO - AVISO
Actualmente e ata o 15 de xaneiro, por cada ticket de máis de 6 euros consumido nos establecementos do centro comercial Plaza Elíptica de Vigo, regálanche unha entrada para o cine.
A oferta é por cada ticket; se un ticket é de 12 euros non che dan dúas, polo que pagade os artigos de máis de 6 euros por separado.
Non sei si habera màis de uns ou de outros, pero o que si que me parece que hai é menos compras nos centros comerciais. Sera que habra pouco carto
eu, diante destes nenos, non sei se sorprenderme ou porme triste. É que case que perderon toda a inocencia antes de chegar aos seis anos!!!!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio