leoeosseus

luns, 10 de decembro de 2007

Xoguetes

Estes días ferve a televisión con propaganda de xoguetes: dende os máis sinxelos ata outros que son case inimaxinables. Un exemplo poden ser os peluches. Antes os peluches eran sinxelos e representacións de animais típicos coma cans, gatos, osos, coelliños e pouco máis; pero agora diversificouse a oferta de tal maneira que hai polbos e ornitorrincos. Eu pensaba que o ornitorrinco era un parrulo porque se apretas fai "cua, cua" pero é un ornitorrinco porque ten catro patas en vez de dúas patas e dúas ás. Iso si, os xoguetes semellan ser case todos da mesma marca: " más de 30 euros ". Menos mal que os pais non son os que mercan os xoguetes...

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 11/12/07, 00:08 , Blogger Rui Caetano dixo...

Uns peluches muito amorosos.

 
Ás 11/12/07, 18:22 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

O xoguete que recordo con máis ledicia da miña infancia era un boneco coa cabeza de goma e o corpo cheo de recheo de coxín. O Manolito... tempos aqueles no que os xoguetes divertían aos nenos..
Tes choio, paideleo, para dar cos que lle gusten ao Leo.
Apertas.

 
Ás 11/12/07, 21:07 , Blogger busto.agolada dixo...

Curiosos peluches. De marca especial. E menos mal que non son os pais quen os compran. Peor si son ods fillos quen os piden. Todo queda na casa.
Vai ter sorte o Leo cun pai tan entendido en peluches.
Saúdos

 
Ás 11/12/07, 21:41 , Blogger Suso Lista dixo...

5000 pesetas por un peluche, pareceme algo abondo. ¿Non sería millor un deses xigantes que hai mnas tómbolas? creo que salen mais baratos.

 
Ás 11/12/07, 22:50 , Blogger A rapaza do arco dixo...

^_^ que riquiños!

Eu de nena tiña unhas ganas enormes de ter un peluche dun animal normal, imitando un chisco ao de verdade (fora cal fora) pero ao final non facían máis que traerme animais mutantes, de cores forforitas e con cousas raras. Ao final acabei por mercar un ao meu gusto cando fun grande :p

 
Ás 14/12/07, 18:34 , Blogger Lapis-vermello dixo...

É verdade agora non paran de anunciar xoguetes, a min xa non me chistan moito pero.... Saudos

 
Ás 16/12/07, 14:27 , Anonymous Anónimo dixo...

o mellor peluche sempre é un pai barbudo que xogue co seu naipeliño, ¿non che parece?, ¡ah!, e eses están a moito menos de trinta euros por barba.
:)
bicos dende toxomar!!!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio